Actualidade
Buscador de novas
A Xunta traballa en 121 obras de mellora en centros educativos cun investimento de case 150 M€
O conselleiro de Educación destaca que o seu departamento ten en marcha 68 actuacións en colexios e institutos por máis de 100 M€ e prepara proxectos para outras 53 por 49 M€
A Xunta salienta o compromiso do Colexio Eduardo Pondal de Ponteceso na mellora da igualdade e a convivencia nas aulas
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa visita o centro, que forma parte do programa Centros Referentes impulsado pola Consellería de Educación
A Fundación Galtia constitúe o seu padroado e ultima a primeira convocatoria para captar investigadores
Os conselleiros de Ciencia e de Sanidade participan na primeira reunión celebrada no Edificio Fontán da Cidade da Cultura, onde se situará a sede da entidade
A Xunta abre dende hoxe ao público o aparcamento do IES Lucus Augusti fóra do horario lectivo
O delegado territorial, Javier Arias, explica que se poderá estacionar libremente entre as 15,30 e as 23,30 horas dos luns aos venres laborables; e as 24 horas durante as fins de semana, días festivos e todo o mes de agosto
Román Rodríguez felicita aos alumnos galegos premiados na Olimpíada Matemática Española
O conselleiro de Educación gaba o esforzo realizado por estes tres estudantes dos que salienta que son “un orgullo e exemplo da nosa Galicia Calidade”
Román Rodríguez inaugura en Pontevedra a escultura de San Xosé realizada polo alumnado do CIFP Cantería de Galicia
A peza, elaborada en granito do país e cun peso superior aos 4.000 quilos, foi cedida á parroquia de Campolongo en Pontevedra
Galicia expón a súa traxectoria en compra pública de innovación nun encontro internacional en Portugal
A directora da Axencia Galega de Innovación participa en Braga nun foro no que varios países europeos analizan o uso desta ferramenta
Nove colexios da provincia de Ourense participan no programa de loita contra o acoso escolar ‘Pasando a Bóla’
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa asiste no Colexio do Couto a esta iniciativa impulsada pola Xunta no marco do Plan Integral contra esta lacra
A Xunta renova o seu compromiso coa elección profesional libre de prexuízos de xénero cunha nova edición do programa ‘Que non te líen, ti elixes’
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou hoxe o colexio Jesús Maestro, onde se celebrou unha das charlas da iniciativa
A Xunta dota os centros de Vigo de equipamento tecnolóxico de última xeración para a mellora da formación do alumnado de FP
A directora xeral de FP visita no Instituto Ricardo Mella o novo espazo Radiotech 4.0, que permite a simulación clínica para o diagnóstico e a medicina nuclear