Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.120 novas da C. de Cultura, Lingua e Xuventude:

08/09/2026 | 14:44 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta apoia o ciclo musical ‘Novos Pulsos’ que se retoma este venres en Santiago de Compostela co concerto de Taïn

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude achega 34.000€ ao proxecto, no marco das axudas para programación musical en salas privadas

08/09/2026 | 12:16 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos avalía cos responsables dos museos as novas necesidades de seguridade “para facer fronte aos novos retos e riscos de xeito coordinado”

O responsable autonómico de Cultura destaca que o obxectivo do encontro é “compartir información e recoñecer áreas de mellora neste eido”

07/09/2026 | 14:54 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Filmoteca de Galicia abre o curso co filme ‘Resurrection’ e tres ciclos dedicados a Vittorio de Sica, Viola Stephan e Kleber Mendonça Filho

A cinemateca da Xunta retoma mañá as proxeccións despois do verán co último traballo do director chinés Bi Gan, que terá un segundo pase o venres 11 dentro da sección ‘Fóra de serie’

07/09/2026 | 11:23 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Ana Ortiz celebra o “rotundo éxito” da primeira edición da Xornada Cultural Mar de Galicia que demostra “o enorme talento” dos creadores locais

Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra apoiaron o novo evento que se celebrou este 5 de setembro no Museo do Mar en Alcabre

06/09/2026 | 14:07 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta ofrece unha xornada de formación para impulsar a xestión e comunicación dixital dos museos

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude celebrará o vindeiro 8 de outubro na Cidade da Cultura un encontro con expertos como Javier Sainz de los Terreros ou Lidia García Merenciano

06/09/2026 | 10:27 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta organiza en Galicia as Xornadas europeas de Patrimonio fomentando o diálogo intercultural

Trátase dunha iniciativa que forma parte dun programa anual conxunto do Consello de Europa e a Unión Europea coa colaboración dos coordinadores nacionais

05/09/2026 | 18:03 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta celebra no Gaiás unha nova edición de Cidade Imaxinaria con espectáculos de circo, teatro e xogos

A cita ofrece tres horas ininterrompidas de actividades de lecer que inclúen 15 propostas con compañías de Galicia, Cataluña, Asturias e Portugal

05/09/2026 | 13:20 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos pon en valor “a recuperación dunha escultura que é todo un símbolo para Rianxo”

Destaca a importancia de que “a paisaxe urbana galega conte cunha nova peza dun dos nosos artistas máis destacados, contribuíndo á riqueza cultural”

05/09/2026 | 13:12 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Belén do Campo destaca o investimento de preto de 650.000 € nos últimos anos para poñer en valor o campamento romano de Ciadella en Sobrado

A delegada da Xunta participou na visita guiada tras rematar unha nova actuación de limpeza e mantemento deste enclave arqueolóxico que contou cun investimento de preto de 17.000 euros

04/09/2026 | 20:19 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta destaca a capacidade do FIOT de Carballo para impulsar a creación escénica nunha 35ª edición con oito estreas absolutas

O Festival Internacional Outono de Teatro desenvolverase do 23 de setembro ao 31 de outubro cunha programación integrada por 43 espectáculos e propostas artísticas diferentes