Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 945 novas da C. de Facenda e Administración Pública:

02/09/2025 | 15:44 | C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta tende a man aos concellos afectados polos incendios para responder ás súas necesidades coa máxima axilidade a través das axudas para a reconstrución

As achegas do Goberno galego están exentas de tributación e as persoas beneficiarias poden solicitar na maioría das liñas anticipos do 100%

29/08/2025 | 14:30 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Medio Rural; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda anuncia que este mesmo luns xa poderán solicitarse as axudas da Xunta para a reconstrución das zonas afectadas polos incendios

Asegura que “todas as persoas con dereito ás axudas van recibilas”, sen límite de importe total

23/08/2025 | 09:33 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia reduce as fendas dixitais cun incremento de máis dun 30 % nos maiores que se conectan á rede e un uso de internet no rural que supera o 90 %

O uso de tecnoloxías dixitais creceu entre 2021 e 2024 un 12,3 % nas persoas de entre 55 e 64 anos, e un 32 % nas persoas de entre 65 e 75 anos

14/08/2025 | 12:15 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta cede equipamento tecnolóxico a entidades sen ánimo de lucro a través dos concellos de Galicia

A cesión de material enmárcase no convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias

12/08/2025 | 11:51 | C. de Facenda e Administración Pública

A administración dixital universalízase en Galicia e permite facer a totalidade dos trámites da Xunta online

Todos os concellos de máis de 5.000 habitantes dispoñen de sede electrónica

04/08/2025 | 18:17 | C. de Facenda e Administración Pública

A Universidade Austral da Arxentina acolle unha clase maxistral sobre a lei galega para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia explicou os contidos e obxectivos da Lei ao alumnado da Facultade de Dereito

04/08/2025 | 14:38 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia pon un ano máis a estabilidade ao servizo dos galegos sendo unha das primeiras CC.AA. que aproba o teito de gasto non financeiro para o vindeiro ano

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, presentou hoxe na Cámara galega o teito de gasto non financeiro para o vindeiro ano que ascende a máis de 14.000 M€

03/08/2025 | 09:42 | C. de Facenda e Administración Pública

O hipersector TIC galego incrementa un 13 % o valor das súas exportacións nun ano

O sector de contidos e o tecnolóxico sumaron 136 millóns de euros en exportacións en 2023, fronte aos 120 millóns do ano anterior

02/08/2025 | 15:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta resalta o valor da olería de Buño como exemplo de preservación artesanal e proxección de futuro

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron esta mañá a 40 edición da Mostra da Olería de Buño, que se celebra ata o domingo 

01/08/2025 | 12:33 | A Presidencia da Xunta; C. de Facenda e Administración Pública

Rueda anuncia que a Xunta aproba un teito de gasto non financeiro que supera por primeira vez os 14.000 M€

Destaca que Galicia é a segunda comunidade en aprobar esta medida, fundamental para ter listas as contas de 2026 en tempo e forma