Actualidade
Buscador de novas
A Xunta construirá unha nova senda peonil de 1,5 quilómetros en Nantón, en Cabana de Bergantiños, que suporá un investimento de 420.000 €
Allegue explicou que tras a publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia da aprobación definitiva do proxecto construtivo, axilizaranse os trámites para licitar as obras no vindeiro mes de abril
Arias urxe ao Concello de Lugo a asinar “sen máis escusas nin demoras” o convenio de Serra de Meira
Lembra que a Xunta leva máis de dous meses agardando por este trámite imprescindible para avanzar na mellora desta vía municipal, que financiará integramente con 1,1 millóns de euros
A Xunta inicia os traballos previos á demolición do viaduto sobre a AC-012, incluída no Plan de accesos ao Novo CHUAC
Hoxe comezaron as tarefas de eliminación da mediana na avenida da Pasaxe e os traballos de talado e poda de arborado na estrada das Xubias
Allegue avanza a información pública da nova senda peonil e ciclista entre Tarrío e Arén, no Concello de Poio, cun investimento de máis de 1,6 M€
Trátase de executar un itinerario de máis de 1,2 quilómetros pola marxe esquerda da PO-303, dando continuidade ás beirarrúas existentes e facilitando a comunicación de focos de atracción da zona como a praia de Covelo, os roteiros dos muíños ou a igrexa de Santa María
As obras de mantemento do viaduto da autoestrada Dozón-Ourense (AG-53) sobre a A-52 farán necesario un corte de calzada no ramal de Maside a partir deste luns
Para acometer os traballos, que inclúen a execución da segunda fase da pila do viaduto, será preciso o corte da calzada dereita entre o ramal de Maside (AG-54) e a A-52, con desvío de tráfico pola estrada N-541
As obras de rehabilitación do firme que a Xunta executará na LU-611 fan preciso o corte de tráfico de 5,9 km no viario desde o luns 23 de marzo ata o 10 de abril
Os traballos enmárcanse no contrato de conservación ordinaria e vialidade invernal da Administración autonómica e consistirán no reforzo do firme no ancho completo da estrada e a renovación da sinalización
A Xunta habilita unha plataforma na parcela que deixa a demolición do Hotel de Pacientes, obra necesaria para avanzar nos accesos ao Novo Chuac
Tras a derruba do vello inmoble, realizáronse os traballos para a retirada das cimentacións e a adecuación da contorna coa construción da nova plataforma, que conta cunha superficie de 1.000 m2
A Xunta investirá 13,5 M€ no PIA de Ourense, onde proxecta 1.435 vivendas e máis de 45.000m2 de espazos libres e verdes
Das 1.400 vivendas, o 80% serán protexidas e terán cualificación permanente
A Xunta publica no DOG a aprobación do proxecto de trazado para executar a senda na PO-313, entre Cadro e Cadrelo, en Marín, cun investimento de máis de 710.000 €
Trátase de construír un novo itinerario peonil e ciclista pola marxe esquerda desta vía de titularidade da Xunta, nunha lonxitude de preto dun quilómetro de lonxitude, incluíndo elementos de drenaxe e estruturas de contención e sostemento de noiros