Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.478 novas da C. do Mar:

28/07/2026 | 17:10 | C. do Mar

A Xunta apoia con 96.000 € a actividade da Federación Provincial de Confrarías de Lugo a favor do sector pesqueiro lucense

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, e o presidente da entidade, Basilio Otero, formalizaron hoxe en Burela a colaboración destinada a reforzar o seu funcionamento e a organización do Congreso de Pesca Artesanal do Cantábrico Noroeste

28/07/2026 | 15:31 | C. do Mar

Celeiro acolle a xornada ‘Europa ao servizo das empresas de Galicia’ para aproximar os recursos comunitarios ao sector do mar galego

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, inaugurou este encontro informativo co que se busca facilitar ao empresariado o acceso ao asesoramento e ás ferramentas da UE para impulsar a innovación, a internacionalización e a competitividade

28/07/2026 | 14:37 | C. do Mar

Mar inviste 1,8 M€ en reforzar a estrutura do dique de abrigo do porto de Burela con 160 bloques de formigón de 56 toneladas

Marta Villaverde visitou as obras que está a executar Portos de Galicia e que permitirán tamén adaptar esta infraestrutura ao posible incremento do nivel do mar no horizonte 2100

27/07/2026 | 15:31 | C. do Mar
26/07/2026 | 10:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Mar

A Unidade de Policía Nacional Adscrita e Gardacostas de Galicia comisan máis de 112 quilos de percebe na Coruña

No marco dun operativo contra o furtivismo levado a cabo na costa da cidade, os axentes identificaron 53 persoas e tramitaron 48 denuncias por infraccións da Lei de Pesca de Galicia

25/07/2026 | 14:54 | C. do Mar

Villaverde destaca a reserva mariña ‘Os Miñarzos’ de Lira como exemplo de sostibilidade e excelencia dos produtos do mar

A conselleira do Mar participou na Festa Degustación dos Produtos extraídos desta área protexida e que cada ano organizan os socios da Confraría de Pescadores

24/07/2026 | 19:38 | C. do Mar

A Xunta salienta a ciencia e a innovación como motores de futuro na presentación da nova edición do ForoAcui no Grove

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, reuniuse cos organizadores do XXVIII Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas, que se celebrará a comezos de outubro