Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.802 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

15/06/2026 | 12:48 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación fluvial en preto de dous quilómetros de ríos de Vedra e A Estrada

As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante preto de catro semanas e inclúen a retirada de árbores caídas das canles fluviais para evitar atoamentos

13/06/2026 | 09:37 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta ofrece apoio técnico ás entidades locais que recibiron fondos europeos para proxectos en espazos naturais co fin de cumprir os prazos e exixencias da UE

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, como xestora en Galicia das axudas financiadas con fondos NextGenerationUE para actuacións en reservas de biosfera e na área de influencia do Parque Nacional, realiza reunións a nivel provincial para resolver posibles dúbidas e coordinar o envío da documentación

12/06/2026 | 15:39 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez anima aos escolares galegos a ser un exemplo de compromiso ambiental para a comunidade

Ante uns 700 rapazas e rapaces de toda Galicia, salienta que “pequenas accións poden xerar grandes cambios” e insta a compartir a súa experiencia con familiares e amigos

12/06/2026 | 14:30 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta chama ao tecido empresarial a ver na transición ecolóxica unha oportunidade para crear emprego, innovar e atraer máis investimentos

Ángeles Vázquez salienta que hai tempo de cambiar o rumbo ante os sinais que nos está a enviar o planeta e considera clave que a administración poida contar no sector privado con socios comprometidos coa economía circular e a descarbonización

12/06/2026 | 11:44 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta autoriza a construción dunha planta solar fotovoltaica cunha potencia de 1MW na Laracha

A resolución da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático supón dar luz verde ao proxecto promovido por Inditex, cun investimento de 2,6 M€

11/06/2026 | 15:56 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta anuncia que os concellos que conten cun Plan local de acción polo clima terán prioridade na concesión de axudas públicas nesta materia en 2027

Ángeles Vázquez reitera o compromiso autonómico no apoio ás administracións locais para avanzar cara a municipios máis limpos, máis verdes, apostando pola mobilidade sostible, a eficiencia enerxética e a xestión responsable dos recursos

10/06/2026 | 14:54 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda destaca que as 147 bandeiras azuis consolidan a Galicia como un referente internacional de calidade, excelencia e sostibilidade turística

Sinala que Galicia “é a comunidade que máis medra” en distintivos e que, sumando tamén os sendeiros azuis, é a segunda con máis galardóns deste tipo en España, cun total de 219

10/06/2026 | 14:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Augas de Galicia executa o mantemento fluvial de 1,5 quilómetros do río das Mestas en Valdoviño, Cerdido e Cedeira

A delegada territorial, Martina Aneiros, supervisou os traballos, que consisten na retirada de árbores caídas e biomasa da canle fluvial

10/06/2026 | 13:39 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia rexistrou en 2026 a primavera climatolóxica máis seca desde 1990

O informe de MeteoGalicia sobre os meses de marzo, abril e maio indica que, cunha precipitación media un 46% inferior ao habitual, foi a cuarta primavera máis seca desde que hai rexistros

10/06/2026 | 13:36 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental ao Plan especial de reforma interior dun ámbito urbano en Ribeira para crear solo residencial

O informe ambiental estratéxico emitido pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que o plan teña efectos ambientais significativos