Actualidade
Buscador de novas
A Xunta e a Universidade de Vigo completan a última intervención arqueolóxica na illa de Ons co achado de novos restos castrexos
O principal descubrimento durante os traballos desenvolvidos no mes de outubro foi un muro de aparente cronoloxía castrexa fóra da muralla do castro de Castelo dos Mouros, onde ata o de agora só se atoparan restos de época romana
A Xunta avanza no deseño de medidas destinadas a reducir o residuo alimentario en colaboración co sector da distribución e os fogares
As achegas, propostas e suxestións recibidas permitirán enriquecer as liñas estratéxicas do futuro Plan de prevención e xestión do residuo alimentario que está a preparar a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
A Xunta acondiciona a nova sede do Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia, en Pontevedra, cun orzamento de máis de 700.000 euros
Ángeles Vázquez sinala que as instalacións pasarán do Pazo de Lourizán a unhas dependencias que estaban sen uso no edificio administrativo da Xunta na cidade
A Xunta reivindica o modelo galego como referente na xestión do litoral e nun exemplo a seguir polo resto de comunidades costeiras
Paula Uría salienta que o traspaso a Galicia dos medios, funcións e servizos nese eido supuxo un antes e un despois para o litoral galego e un avance na consolidación dun modelo de xestión máis sinxelo, homoxéneo e accesible
A Xunta e o concello de Castro de Rei destinan 1,35 M€ para a modernización da estación potabilizadora de Quintela para garantir a máxima calidade da auga
Ángeles Vázquez incide en que con esta actuación se blinda o servizo de abastecemento de auga tanto para os fogares, como para o sector gandeiro e industrial do municipio, que xeran emprego e contribúen a fixar poboación no rural
A Xunta incrementa a variación máxima da potencia dos proxectos eólicos para facilitar a súa modernización e repotenciación
Ángeles Vázquez avanza que se modificará a normativa eólica a través da Lei de medidas dos orzamentos para subir do 10% ao 20% a variación de potencia autorizada para que as melloras propostas se tramiten como modificación non substancial
A Xunta dá luz verde ambiental con condicións á instalación dun campamento de turismo en Padrón
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que o proxecto teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
A Xunta aposta pola información e a prevención para salvagardar bens, reducir danos e protexer as persoas ante o risco de inundacións
Roi Fernández lembra que o Plan de Xestión de Inundación de Galicia-Costa establece como obxectivo reducir e minimizar as consecuencias negativas destes episodios
A Xunta publica unha guía pioneira en España para facilitar a avaliación ambiental dos proxectos e poñer en valor o seu impacto positivo no territorio
Ángeles Vázquez incide en que o obxectivo desta ferramenta é contribuír a axilizar e completar a análise desde o punto de vista ambiental daquelas iniciativas baseadas no aproveitamento dos recursos naturais, reforzando á vez a seguridade xurídica
A Xunta e o Concello de Coirós avalían medidas para a mellora do abastecemento na localidade
Ángeles Vázquez comprométese a estudar o proxecto coas propostas municipais para mellorar as condicións de almacenamento de auga