Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.994 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

13/10/2026 | 19:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Colexio de Enxeñeiros Agrónomos estudan vías de colaboración para fortalecer o futuro mercado de créditos de carbono de Galicia

Este sistema ten como obxectivo principal contribuír a acadar a neutralidade climática de Galicia en 2040, mediante o fomento de actividades que ou ben eviten a liberación de CO2 ou contribúan a aumentar a súa capacidade de absorbelo

13/10/2026 | 13:39 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aposta por facer do Camiño do Litoral unha experiencia cada vez máis visible, máis accesible e máis conectada cos viaxeiros e os concellos galegos

A nova campaña de promoción entre os municipios litorais que forman parte do itinerario inclúe a distribución de carteis, materiais para as oficinas de turismo e recursos para entregar aos camiñantes, como cadernos de bitácora

10/10/2026 | 13:05 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avoga por un turismo sostible e compatible coa protección do medio ambiente coa ampliación dun aloxamento turístico en Mazaricos

Ángeles Vázquez visita as instalacións situadas no lugar do Fieiro que non prevé que teña impactos significativos sobre a contorna tras a aprobación favorable do informe de impacto ambiental

10/10/2026 | 09:24 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación de 20.978 M2 para a recuperación ambiental da praia do Vao e da súa contorna

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático resolve a solicitude municipal presentada para acometer unha serie de actuacións coas que poñer en valor a fronte marítima no extremo sur da ponte de Toralla

09/10/2026 | 19:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez pon en valor o Salón de animais de compañía de Galicia como espazo para divulgar boas prácticas e fomentar a adopción responsable

Salienta a importancia de eventos destas características que actúan como punto de encontro para profesionais, entidades, administracións e persoas interesadas no coidado e benestar dos animais de compañía

09/10/2026 | 16:56 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta que Galicia é un corredor clave nas rutas migratorias das aves en Europa e apela á colaboración cidadá para garantir a súa conservación

Ángeles Vázquez lembra que en caso de localizar un animal ferido, non debe manipularse e cómpre avisar ao teléfono 112 ou aos axentes ambientais da Xunta para que sexan os profesionais os que coordinen a súa recollida e traslado

09/10/2026 | 16:55 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta sinala as novas tecnoloxías como ferramenta clave para mellorar a capacidade de anticipación ante os desafíos ambientais

Ángeles Vázquez pon como exemplo o Plan galego de cartografía e información xeográfica 2026-2029 porque coñecer mellor o territorio é tamén unha forma de comprender mellor como pode responder ante diferentes situacións

09/10/2026 | 16:29 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta completa a formación de 60 novos guías especializados na difusión dos valores do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

Os participantes remataron a semana pasada a parte presencial do curso, organizado pola dirección do parque en colaboración co Centro Nacional de Educación Ambiental

09/10/2026 | 12:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta autoriza a Inditex Renovables a construción dun parque eólico de preto de 20 WB no Porto Exterior da Coruña, no concello de Arteixo

O proxecto está destinado ao autoconsumo colectivo e permitirá subministrar enerxía renovable ao complexo de Inditex no concello coruñés e a outras empresas da dársena

08/10/2026 | 15:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta reitera que o atraso do Goberno central no envío dos datos sobre o estado do lobo a Bruxelas dificulta a avaliación da situación desta especie

Marisol Díaz lembra que transcorreron máis de tres meses desde que a Conferencia Sectorial de Medio Ambiente aprobou o informe sexenal que debería remitirse á Comisión Europea en xullo de 2025