Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.802 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

15/03/2026 | 11:58 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A tempada de pesca fluvial comeza en Galicia para case 48.500 afeccionados con licenza vixente

Ángeles Vázquez salienta que os datos apuntan a un aumento dos amantes desta práctica deportiva xa que hai 784 licenzas máis en vigor que en 2025

14/03/2026 | 11:23 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental ao Proxecto de Interese Autonómico para o desenvolvemento dunhas 2.950 vivendas en Mallou, en Santiago de Compostela

O informe emitido pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que o proxecto teña efectos ambientais adversos significativos na contorna

13/03/2026 | 19:09 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta que Pontevedra é a provincia con máis sendeiros azuis de España con 44 distintivos

Ángeles Vázquez pon en valor que Galicia volver ser, un ano máis, a comunidade autónoma con máis sendeiros azuis con 72 distintivos dos 194 de todo o país

13/03/2026 | 15:28 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destaca o escrupuloso coidado na protección da contorna do persoal que realizou os labores de conservación fluvial no río Ventoxo, en Forcarei

Os traballos desenvolvidos enmárcanse na planificación anual que realiza Augas de Galicia para o mantemento das canles fluviais da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa e incluíron tanto as tarefas de limpeza ordinarias como a restauración do camiño que discorre en paralelo, afectado polas intensas choivas

13/03/2026 | 15:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez pon en valor o compromiso da Xunta coa conservación do patrimonio natural de Galicia

Salienta os pasos que o Goberno galego deu nos últimos anos de cara a garantir a conservación da biodiversidade, os hábitats e a riqueza ambiental da Comunidade

13/03/2026 | 13:53 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez anima á mocidade galega a ser protagonista da acción climática e involucrarse de forma activa na busca de solucións

Incide en que estas charlas promovidas pola Xunta permiten ao alumnado poder coñecer proxectos reais e innovadores que se están a desenvolver en Galicia

13/03/2026 | 13:34 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta exixe a suspensión do prazo de alegacións á reforma do regulamento xeral de costas por defectos de forma e a ausencia de información preceptiva

Ángeles Vázquez salienta que o anteproxecto de real decreto non está acompañado da preceptiva memoria de análise de impacto normativo, que inclúe a correspondente documentación de avaliación xurídica, económica e orzamentaria

12/03/2026 | 20:00 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta o aval da xustiza ao Plan reitor do Parque Natural das Fragas do Eume e defende o seu compromiso coa conservación deste espazo protexido

Marisol Díaz indica que o TSXG vén de confirmar nas tres sentenzas coñecidas este mes de marzo a improcedencia de indemnizar aos propietarios de terreos localizados no interior do parque

12/03/2026 | 19:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destaca que a adhesión dos concellos da mancomunidade do Barbanza a Sogama constata a fortaleza dun modelo preparado para os retos futuros

Javier Domínguez lembra que a empresa pública dá servizo xa ao 97% dos municipios galegos e ao 85% da poboación da comunidade

12/03/2026 | 16:38 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta atendeu o ano pasado a case 4.600 animais de 200 especies nos seus centros de recuperación de fauna

Ángeles Vázquez destaca que 8 de cada 10 exemplares de fauna silvestre que ingresan nestas instalacións son aves, principalmente gaivotas patiamarelas