Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.802 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

12/03/2026 | 14:24 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inicia o plantado das máis de 1.100 árbores de especies autóctonas que permitirán crear corredores ecolóxicos no concello de Curtis

Os primeiros 40 exemplares plantáronse nunha lonxitude de 84 metros dentro dunha parcela propiedade do Goberno local localizada na parroquia de Fisteus

12/03/2026 | 13:36 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e a Federación Galega de Caza analizan medidas a desenvolver para a xestión do xabaril

Ángeles Vázquez insiste na importancia de artellar medidas de control para incrementar e facilitar os mecanismos necesarios para regular as poboacións desta especie

11/03/2026 | 16:54 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
11/03/2026 | 15:38 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina máis de 40.000 euros á mellora paisaxística da contorna do Castelo da Peroxa

Marisol Díaz explica que se levou a cabo unha actuación para conservar os valados e sebes nun espazo natural singular moi representativo da contorna

11/03/2026 | 14:51 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental a un campamento de turismo no Concello de Cerdedo-Cotobade

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

11/03/2026 | 12:57 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Martina Aneiros destaca as axudas da Xunta a concellos para actuacións fronte ao cambio climático no humidal da Xunqueira, en Ares

A delegada territorial de Ferrol visitou esta mañá o espazo fluvial tras as melloras levadas a cabo grazas a unha achega da Xunta de 180.000 €

10/03/2026 | 15:16 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta formou sobre clima e coidado medioambiental a máis de 14.000 estudantes de Educación Primaria e Secundaria durante o curso 2024/2025

Ángeles Vázquez felicita aos escolares e docentes participantes polo seu esforzo e compromiso neste eido e subliña a importancia de implicar ás novas xeracións nos retos do quecemento global para avanzar cara a unha Galicia neutra en emisións

10/03/2026 | 15:16 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta alerta de que o anteproxecto de Regulamento de Costas plasma a vontade do Goberno central de limitar a duración das concesións e expulsar toda actividade do litoral

Ángeles Vázquez destaca que é un novo intento, tralos de 2018 e 2024, de eliminar calquera vestixio de presenza humana da costa cunha norma que o propio Executivo central propuxo a Bruxelas e vai máis aló do que lle pedía a Comisión Europea

10/03/2026 | 15:13 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta facilita que pescadores e cazadores galegos poidan practicar a súa actividade noutras comunidades cunha única licenza

Galicia subscribe un convenio de colaboración con nove rexións máis para o establecemento de licenzas interautonómicas de caza e pesca en augas continentais

10/03/2026 | 15:09 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Porto do Son avalían vías de colaboración para mellorar as redes de saneamento e abastecemento municipais

Os Executivos galego e local vanse coordinar para elaborar un proxecto co obxectivo de conectar os núcleos de poboación que quedaron fóra do sistema de saneamento á nova estación depuradora de augas residuais