Actualidade
Buscador de novas
Galicia rexistrou un mes de setembro frío e cun 30% menos de precipitacións do habitual
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a media en setembro foi de 17,2 graos, o que supón 9 décimas menos do valor habitual neste período
A Xunta e a Universidade de Santiago colaborarán nun proxecto de investigación para a vixilancia do consumo de drogas a través das augas residuais
Empregaranse os datos de cinco depuradoras galegas para medir o consumo de cocaína, cannabis, fentanilo e outras drogas
A Xunta avanza a intención do concello de Ferrol de solicitar a colaboración autonómica para o desenvolvemento de medidas de control do xabaril
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, trasladou esta nova ao presidente da AVV de Canido, Roberto Taboada, durante unha reunión mantida esta mañá na Delegación
A Xunta destaca que máis de 11.300 persoas visitaron o Illote Areoso entre maio e setembro, o que significa máis do 56% da ocupación das prazas ofertadas
A modalidade de acceso máis empregada foi a de atraque sen motor que representou o 65,57% dos tres tipos de acceso
Os Centros de Recuperación de Fauna Silvestre de Galicia atenderon máis de 2.900 exemplares de aves no que vai de 2025
Un grupo de rapaces de centros educativos do municipio celebran o Día das Aves presenciando a solta de tres paxaros que foron curados
A Xunta detecta dous novos focos de gripe aviaria en aves silvestres nos concellos de Ordes e Ribeira
Corresponden a dous exemplares de gaivota patiamarela (Larus michahellis) recollidas en ambos municipios coruñeses e trasladados ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre da Consellería do Medio Ambiente e Cambio Climático de Oleiros, A Coruña
A Xunta financia con 90.000 € o acondicionamento da presa do río Verdugo, no concello da Lama
Ángeles Vázquez explica que a actuación consistirá na reparación do azude que na actualidade presenta unha rotura na súa parte inferior
A Xunta colaborará co concello de Trasmiras para mellorar o servizo de abastecemento de auga potable
Ángeles Vázquez traslada que persoal de Augas de Galicia estudará a documentación para construír un novo depósito de auga potable
A Xunta difunde o seu proxecto de impulsar unha aldea medioambiental saudable para dinamizar o rural de Galicia desde o Parque Natural do Xurés
A directora xeral de Patrimonio Natural expón en Madrid unha iniciativa innovadora para mostrar ao mundo a implicación dos pobos ante retos como o cambio climático
A Xunta dá luz verde ambiental condicionada á instalación dun campamento turístico en Porto do Son
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a actuación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada