Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.801 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

22/09/2025 | 19:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta analiza con concellos da Coruña as medidas para reparar os danos causados polos incendios forestais en espazos protexidos

Ángeles Vázquez lembra que concellos e montes veciñais en man común poden solicitar axudas autonómicas para restaurar infraestruturas de uso público afectadas

22/09/2025 | 14:38 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Mos destinarán 125.000 € a dotar de saneamento o camiño da Torroeira

A intervención, que dará servizo a unha ducia de vivendas localizadas nesta zona, enmárcase nun proxecto municipal para a mellora e ampliación integral da rede actual

22/09/2025 | 14:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación nun tramo fluvial de preto de 13 quilómetros no río Ouro, en Alfoz

As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante arredor de 13 semanas e inclúen a retirada tanto de árbores caídas como de biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos

22/09/2025 | 12:51 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta autoriza con condicións á ampliación dunha explotación leiteira no concello do Páramo

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que as actuacións teñan efectos significativos adversos sobre a contorna sempre que se cumpra co fixado no propio informe ambiental e na documentación avaliada

20/09/2025 | 11:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por preto de 100.000 euros o contrato para a redacción do proxecto de construción do centro de protección animal de Galicia en Curtis

O complexo, que se levantará nun terreo de 2.300 metros cadrados, terá capacidade para acoller uns 300 cans e 200 gatos abandonados, extraviados ou vagabundos

20/09/2025 | 10:11 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta estudará a posibilidade de colaborar coa asociación Íntegro no proxecto de educación ambiental ‘Sementes de futuro’

Cun dobre obxectivo formativo e medioambiental, a iniciativa permitirá recuperar zonas degradadas mediante a reforestación con especies autóctonas e sensibilizar á comunidade escolar sobre a biodiversidade e a importancia dos bosques autóctonos

19/09/2025 | 18:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Medio Rural

A Xunta detecta un novo foco de gripe aviaria en aves silvestres no concello pontevedrés de Cangas

Corresponde a un exemplar de gaivota patiamarela (Larus michahellis), que foi trasladado ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre da Consellería do Medio Ambiente e Cambio Climático localizado en Carballedo (Cerdedo-Cotobade)

19/09/2025 | 15:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avanza no reparto de palla e cereais para alimentar a fauna silvestre afectada polos incendios

Xa se fixo esta distribución en puntos dos concellos de Maceda, Oímbra, Monterrei, Cualedro e Laza

19/09/2025 | 14:54 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e a Autoridade Portuaria de Vigo colaborarán para garantir que se poida visitar o edificio anexo ao faro de Cíes

Ángeles Vázquez explica que o porto asumirá o custo e execución dos labores de restauración na zona e o Goberno galego encargarase da xestión das futuras visitas, mediante a implantación dun sistema de acceso con código QR e previa reserva

19/09/2025 | 14:52 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e Amicos implican a escolares de Ribeira na concienciación sobre a protección dos ríos e o uso responsable da auga

Roi Fernández destaca que este proxecto combina a divulgación sobre o coidado do medio ambiente e a inclusión social dos seus participantes