Actualidade
Buscador de novas
Activo un incendio forestal no concello lucense de Palas de Rei, parroquia de Cuíña
O lume iniciouse ás 17,58 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas
Extinguido o incendio forestal do concello lucense de Ourol, parroquia de Merille
O lume afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado
Medio Rural apoia dar visibilidade aos produtos galegos agroalimentarios co fin de aproximalos á clientela e favorecer a súa presenza no mercado
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistiu á presentación de Produtos do Ano de Galicia 2026, impulsada polo Clúster Alimentario de Galicia e Velgasa-Eroski
María José Gómez destaca a aposta polo reforzo da dotación de medios aéreos dependentes da Xunta
Lembrou que mañá mesmo estará operativo un novo avión de coordinación e vixilancia, o ‘Xunta 23 ACO’, o primeiro deste tipo co que contará a comunidade, e que se suma aos dous helicópteros de coordinación xa existentes
Medio Rural destina case 965.000 euros para que alumnos e alumnas dos centros educativos galegos consuman froita, castañas e leite nos recreos
A Consellería publica hoxe no Diario Oficial de Galicia estas axudas para fomentar o consumo destes produtos entre o alumnado de infantil, primaria e secundaria, incluída a obrigatoria, o bacharelato e a formación profesional de grao medio
Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 08,30 h. de hoxe
Extinguido o incendio forestal do concello coruñés de Monfero, parroquia do Alto de Xestoso, que finalmente afectou unha superficie 38,03 hectáreas, das cales 33,38 se corresponden con monte raso e 4,65 de arborado, a maior parte delas no municipio lucense de Guitiriz
Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 20,00 h. de hoxe
Extinguido o lume rexistrado no concello de Taboada, parroquia de Ínsua, que finalmente afectou unha superficie de 46,63 hectáreas, das cales 41,1 se corresponden con monte arborado e 5,53 con raso