Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.611 novas da C. do Medio Rural:

01/06/2026 | 12:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. do Medio Rural

Martina Aneiros destaca a calidade dos produtos de proximidade no marco do programa de reparto de leite e froita fresca nas escolas

A delegada territorial da Xunta en Ferrol visitou esta mañá o CEIP de Pazos Mestre García Niebla, beneficiario deste programa

31/05/2026 | 10:16 | C. do Medio Rural

O matadoiro móbil de Medio Rural amplía os servizos para animais 100 % raza autóctona ovella galega e cabra galega

Figura como operador acreditado por parte da Asociación de Criadores de Raza Ovella Galega (Asovega) e a Asociación de Gandeiros da Raza Cabra Galega (Capriga) para o uso destes selos, o que permite o sacrificio de animais neste espazo

30/05/2026 | 21:16 | C. do Medio Rural

María José Gómez destaca as potencialidades do territorio galego e a diversidade produtiva durante a visita á finca A Azoreira do Valadouro

A conselleira do Medio Rural visitou a plantación de viñedo de máis de 3 hectáreas de superficie, e a cal exemplifica o amplo abano de oportunidades que brinda o sector primario en Galicia nunha zona como é A Mariña

29/05/2026 | 20:01 | Axencia de Turismo de Galicia; C. do Medio Rural

A Xunta reafirma o seu apoio ao sector vitivinícola e aos viños de Valdeorras na XXVII Feira de exaltación deste produto

A conselleira do Medio Rural subliñou que apoiar o viño é apoiar o rural, o emprego e o futuro, e salientou que os viños de Valdeorras levan tempo situándose entre os máis recoñecidos nos grandes certames, onde se valora o traballo ben feito e a calidade

29/05/2026 | 16:44 | Axencia de Turismo de Galicia; C. do Medio Rural

A Xunta impulsa a Festa da Rosa en Mos coa actuación de Cali & El Dandee, incluída nos concertos do Xacobeo

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou hoxe na presentación da nova edición desta festa na que se inclúe o concerto do dúo colombiano o vindeiro 5 de xuño

29/05/2026 | 15:37 | C. do Medio Rural

Medio rural desenvolverá un novo pasteiro en Rois cun investimento de máis de 200.000 euros para contribuír a manter xestionado o territorio

A conselleira María José Gómez visitou hoxe os terreos no monte da Rocha de Ermedelo, propiedade da comunidade de montes veciñais en man común de Albagueira, nos que se vai implantar nunha superficie de case 16 hectáreas

29/05/2026 | 11:35 | C. do Medio Rural

A Xunta mantén as medidas preventivas ante a Dermatose Nodular Contaxiosa para seguir protexendo a cabana bovina galega

A Consellería do Medio Rural publica hoxe no DOG unha nova resolución pola que se prorrogan as actuacións desde o 1 ata o 30 de xuño, podendo ampliarse este prazo en función da evolución epidemiolóxica da doenza

28/05/2026 | 18:12 | C. do Medio Rural

Medio Rural apoia a innovación no sector primario a través do Centro Tecnolóxico da Carne

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria participou hoxe na presentación dos resultados provisionais das iniciativas de cinco grupos operativos, nas que se mobilizaron 745.000 euros

28/05/2026 | 17:15 | C. do Medio Rural; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A UPA e a UIFO de Medio Rural colaboran nunha investigación que permitiu identificar tres persoas como presuntas autoras de varios lumes intencionados

As actuacións iniciáronse tras detectarse varios incendios forestais de orixe intencionada en distintos puntos da comarca de Terra de Celanova, con patróns similares de execución

28/05/2026 | 15:42 | C. do Medio Rural

Medio Rural promove traballos silvícolas preventivos en máis de 10 hectáreas de monte en Noia

A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, visitou hoxe estes terreos, nos que se levan a cabo rozas, podas e rareos destinados a mellorar a súa saúde e vitalidade, así como a súa resistencia a pragas e enfermidades