Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.623 novas da C. do Medio Rural:

16/04/2026 | 14:25 | C. do Medio Rural

Manuel Pardo conciencia aos alumnos do CEIP Saco e Arce de Toén sobre a importancia da prevención dos incendios forestais

O delegado territorial participou esta mañá na charla de formación e sensibilización sobre incendios forestais a 50 alumnos do colexio CEIP Saco e Arce de Toén, co fin de explicar o traballo que realiza o persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPIF) e as instalacións existentes na nosa provincia

16/04/2026 | 10:59 | C. do Medio Rural

Medio Rural apoia os criadores de razas autóctonas con 270.000 € para o seu impulso e conservación

Hoxe publícase a resolución correspondente desta liña, que ten 10 entidades beneficiarias e que persegue aumentar a rendibilidade das explotacións galegas

15/04/2026 | 14:51 | C. do Medio Rural

Medio Rural destaca o compromiso coa remuda xeracional a través das axudas para incorporación de mozos e plans de mellora

A conselleira María José Gómez visitou este mediodía a gandaría Casal-Vázquez en Melide, que foi beneficiaria destas achegas, e puxo de manifesto o orzamento da última convocatoria destas subvencións; 53 M€, a maior dotación desde o ano 2018

15/04/2026 | 13:56 | A Presidencia da Xunta; C. do Mar; C. do Medio Rural

Rueda destaca a excelencia e calidade da gastronomía galega que reforza a súa presenza no Salón Gourmets de Madrid

Asegura que os produtos da terra e o mar galegos “representan a Galicia Calidade que queremos exportar a todo o mundo”

14/04/2026 | 19:33 | C. do Medio Rural

Xa son 292 os concellos que solicitaron a súa adhesión ao convenio de xestión da biomasa de Medio Rural

O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco, presidiu esta tarde a comisión de seguimento deste acordo, asinado entre a Consellería e a empresa pública Seaga

13/04/2026 | 21:31 | Axencia de Turismo de Galicia; C. do Medio Rural

Medio Rural destaca o papel da hostalaría no impulso do consumo de produtos alimentarios de proximidade

A conselleira María José Gómez participou hoxe na Gala Provincial da Hostalaría Lucense, onde puxo tamén en valor aos traballadores deste sector e enxalzou a súa contribución á dinamización de vilas e comarcas

13/04/2026 | 15:07 | C. do Mar; C. do Medio Rural

Galicia arranca con forza a promoción da súa despensa alimentaria de calidade dentro de Gourmets

A Xunta desprega neste salón un espazo expositivo de máis de 1.200 m² que acolle a presenza de 59 empresas do agro e do mar da nosa comunidade