Actualidade
Buscador de novas
Medio Rural convoca as achegas para favorecer a remuda xeracional dotadas cun orzamento de 53 M€
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria destas axudas, que contan con 23 millóns de euros para a incorporación de mozos ao agro e outros 30 millóns para financiar os plans de mellora asociados
A Xunta reafirma o seu compromiso de apoio ao sector vitivinícola galego na 43ª Feira do viño de Chantada
Gómez lembrou as diferentes liñas de axudas para este eido -arredor de 12 M€ este ano- destinadas a reestruturación e reconversión de viñedo, promoción en terceiros países ou apoio á elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas
Medio Rural publicará o luns a nova convocatoria para favorecer a remuda xeracional e modernizar o agro galego dotada con 53 millóns de euros
Así o anunciou a titular deste departamento nunha visita á explotación Castro Paz en Guitiriz, beneficiaria destas achegas en anteriores convocatorias
A Xunta enxalza o programa Leader pola súa contribución á creación de emprego e ao asentamento de poboación no medio rural
A conselleira do Medio Rural visitou os apartamentos turísticos Casas da Fortaleza, en Outeiro de Rei, que contaron co apoio económico desta intervención
Martina Aneiros preside un encontro informativo sobre o novo convenio para a xestión da biomasa en faixas secundarias
O encontro serviu para informar aos concellos do ámbito territorial sobre o funcionamento e novidades deste sistema de prevención contra incendios forestais
Belén do Campo destaca que a Xunta destina máis de 416.000 € á mellora de camiños en 14 concellos da comarca de Betanzos
A delegada da Xunta informou que a orde financia actuacións de ampliación ou mellora dos camiños que formen parte da rede viaria de acceso a unha ou a varias entidades de poboación
Medio Rural promociona os produtos agroalimentarios galegos con certificación ecolóxica na oitava edición de Biocultura
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria participou hoxe na inauguración deste evento, no que a Consellería participa da man do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia para apoiar a presenza dunha vintena de operadores