Actualidad

Buscador de noticias

Tiene disponibles para la consulta 3.623 noticias de la C. do Medio Rural:

06/02/2026 | 17:20 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca o vínculo entre calidade, identidade e territorio na produción alimentaria de Galicia

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participou este mediodía na xornada Territorio e Alimentación: construíndo identidade e valor compartido, organizada polo Clúster Alimentario de Galicia e a Fundación Juana de Vega

05/02/2026 | 17:55 | C. do Medio Rural

Medio Rural salienta o labor do viveiro de sementes a prol da reprodución forestal en Galicia

A directora xeral de Planificación Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, visitou hoxe as súas instalacións en Carballo, onde hai anos se veñen subministrando os recursos usados nas repoboacións nos montes galegos

05/02/2026 | 14:55 | C. do Medio Rural

Medio Rural publica unha das resolucións para plans de mellora de mozos incorporados ao agro no 2024

O Diario Oficial de Galicia inclúe hoxe esta disposición, destinada a financiar os plans de mellora dos mozos beneficiarios da convocatoria de incorporación de 2024 e que se quedaron sen financiamento ese ano

05/02/2026 | 13:50 | C. do Medio Rural

A Xunta publica as axudas para mellora de camiños rurais e os concellos terán un mes para solicitalas

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a convocatoria do plan Camiña Rural para o período 2026-2027, dotado con 19 millóns de euros

05/02/2026 | 12:36 | C. do Medio Rural

Medio Rural construirá en Lalín a base de helicópteros máis grande de Galicia para a loita contra incendios

A conselleira visitou hoxe as obras deste heliporto, que conta cun investimento de máis de 3,2 millóns de euros, e no cal se poderán albergar ata seis helicópteros de forma simultánea en caso de ser preciso e con todas as dependencias necesarias

04/02/2026 | 17:33 | C. do Medio Rural

Medio rural integra na comisión de seguimento do convenio da biomasa un concello por cada provincia

Trátase de Carballo, Friol, O Pereiro de Aguiar e A Estrada, que foron seleccionados, dentro das primeiras solicitudes de adhesión recibidas, por ser os de maior superficie incluída en faixa secundaria de cada provincia

04/02/2026 | 14:31 | C. do Medio Rural

Manuel Pardo subliña os máis de 1,3M€ que a Xunta destinou para a reestruturación e reconversión de viñedos na provincia ourensá

O delegado territorial destacou que esta orde de achegas da Consellería do Medio Rural, que contan cun orzamento resolto para toda Galicia de máis de 3 millóns de euros, na provincia de Ourense foron beneficiados 81 persoas viticultoras e bodegas, que permitirán actuar en 99,5 hectáreas de viñedo

04/02/2026 | 14:27 | C. do Medio Rural

Medio Rural publicará no primeiro trimestre deste ano unha nova convocatoria para favorecer a remuda xeracional cun orzamento de 53 M€

Gómez explicou que estes fondos beneficiarán non só aos mozos que presenten unha nova solicitude, senón tamén a aqueles que a pediran o ano pasado e que, debido á alta demanda rexistrada, se integran agora nesta convocatoria