Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.623 novas da C. do Medio Rural:

27/11/2025 | 18:16 | C. do Medio Rural

A Xunta enxalza as posibilidades que ofrece a medida Leader para dinamizar dun xeito transversal o rural

A conselleira do Medio Rural participou hoxe na inauguración do complexo turístico Cabanas do Chao, no concello de Navia de Suarna, impulsado polo GDR Montes e Vales Orientais a través destas achegas da Xunta, con 200.000 euros de apoio

27/11/2025 | 15:50 | C. do Medio Rural

Medio Rural propón o impulso dunha fronte común co sector ante a Dermatose Nodular Contaxiosa

A conselleira María José Gómez presidiu hoxe a reunión do Consello Agrario Galego, un órgano de participación, asesoramento, diálogo e consulta da Xunta en materia agraria e de desenvolvemento rural

26/11/2025 | 17:35 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza na recuperación das zonas afectadas por incendios con actuacións en vías e devasas

A conselleira do Medio Rural visitou unha zona na parroquia do Sesto, en Agolada, onde están a acometerse rozas en máis de 26 quilómetros de faixas forestais, traballos de restauración de preto de 500 metros de zonas cortalumes e en algo máis de dous quilómetros de estendido de terras, e tamén se están reparando os accesos en máis de 29 quilómetros

26/11/2025 | 15:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Medio Rural

Belén do Campo destaca que o Plan Camiña Rural e o plan marco supuxeron un investimento de máis de 158.000 euros na mellora de infraestruturas rurais en Zas

A delegada da Xunta visitou o camiño que se está a executar cunha axuda da Xunta de máis de 80.000 euros da anualidade 25-26,  e lembrou que tamén recibiron, na anualidade 24-25, máis de 78.000  euros, para arranxar outros 3 viais

26/11/2025 | 15:02 | C. do Medio Rural; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Manuel Pardo supervisa en Monterrei as actuacións desenvolvidas pola Xunta para paliar as consecuencias da vaga de lumes

O delegado territorial desprazouse ao concello de Monterrei para supervisar os traballos de desentullo e limpeza que se están a levar a cabo nas edificacións que sufriron danos a causa da vaga de lumes do pasado mes de agosto no lugar da Caridade; no marco do convenio que asinou Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes con este municipio, por importe de máis de 225.000 euros

26/11/2025 | 12:07 | C. do Medio Rural

Medio Rural reforza a promoción dos queixos galegos de calidade diferenciada cunha nova cata na que participan 31 queixerías

A conselleira María José Gómez visitou hoxe no Pazo de Quián de Sergude aos profesionais que están a avaliar un total de 66 mostras