Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.603 novas da C. do Medio Rural:

22/10/2025 | 15:01 | C. do Medio Rural

Medio Rural beneficia 655 titulares de explotacións agrarias con máis de 184.000 euros para a súa nova participación en réximes de calidade

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución destas subvencións, a través das cales os beneficiarios poden financiar os custos fixos ocasionados pola inscrición e a cota anual de participación no réxime de calidade

22/10/2025 | 13:45 | C. do Medio Rural

A Xunta alleará 18 lotes de madeira por valor de 1,1 M€ nunha poxa pública na Coruña

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria da poxa que terá lugar o vindeiro 9 de decembro

21/10/2025 | 20:58 | C. do Mar; C. do Medio Rural

A Xunta exixe ao Ministerio de Agricultura unha estratexia clara de coordinación para o control da dermatose nodular contaxiosa

Así o trasladou hoxe a titular deste departamento, María José Gómez, na xuntanza da Conferencia Sectorial e do Consello Consultivo de Política Agrícola e Política Pesqueira

21/10/2025 | 15:20 | C. do Medio Rural

Medio Rural avanza na derradeira fase para a celebración das Catas de Viños, Augardentes e Licores Tradicionais deste 2025

A titular deste departamento visitou hoxe o Pazo de Quián, onde están a desenvolverse as catas finais para escoller as elaboracións premiadas neste certame

21/10/2025 | 12:48 | C. do Medio Rural

A Xunta impulsa a expansión da feira gastronómica ‘L de Lugo’, da que é a principal patrocinadora

O delegado territorial, Javier Arias, destacou o traballo realizado por Adislugo e o apoio do Goberno galego para “consolidar nun lustro este espazo de encontro imprescindible entre produtores, distribuidores, hostaleiros e clientes”

20/10/2025 | 16:14 | C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca que a Xunta xa concedeu 42 axudas por un importe de 2,9 M€ para propietarios das vivendas afectadas pola vaga de lumes do verán

Salienta a resolución doutras 10 achegas para negocios ou empresas afectadas por valor de 280.000 € e 36 para a recuperación de Tecores e espazos naturais protexidos