Actualidade
Buscador de novas
A Xunta rebaixa mañá sábado a alerta por episodio de calor no interior da provincia de Pontevedra a nivel laranxa
Mantense o nivel laranxa no interior da Coruña
Gómez Caamaño subliña o dinamismo e a calidade da atención sanitaria do hospital público da Mariña, que cumpre 40 anos completando a súa modernización
O conselleiro destaca que, neste tempo, o hospital pasou de contar con 60 camas, 127 traballadores e 29 facultativos, a 156 camas, 832 profesionais e 127 médicos
Belén do Campo colabora na campaña de sensibilización da Fundación Josep Carreras contra a Leucemia "Abre a túa porta e loita contra a leucemia"
A representante do Goberno autonómico puxo en valor o convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, a través da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), e a Fundación Josep Carreras, xa renovado e firmado este ano por un importe de 1 millón de euros
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue convida á cidadanía a participar na campaña "O día dos Imparables" da Fundación Josep Carreras e a Organización Nacional de Transplantes
A xornada, que se celebra o 13 de xuño, céntrase en apoiar a investigación da leucemia e outros cancros hematolóxicos e fomentar a doazón de medula ósea como tratamento que permite a curación de moitos doentes
A Xunta activa mañá venres a alerta por episodios de calor que afectarán principalmente ao interior da provincia de Pontevedra
A alerta de nivel vermello afecta aos seguintes concellos do interior de Pontevedra: Agolada, O Campo Lameiro, A Caniza, Cerdedo Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, A Lama, Moraña, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces
O Servizo Galego de Saúde recoñece a pegada imborrable dos 99 profesionais xubilados na área sanitaria de Ferrol
O responsable autonómico puxo en valor a entrega diaria duns profesionais cuxo traballo contribuíu a fortalecer o sistema sanitario público galego
Belén do Campo agradece ao Colexio de Farmacéuticos da Coruña a súa implicación coa campaña para facilitar o acceso a fotoprotectores ás persoas afectadas por lupus
A representante do Goberno autonómico participou na presentación da campaña de fotoprotección do Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia da Coruña “Este verano ten dos dedos de frente. O cuatro”
Gómez Caamaño destaca o liderado do Hospital Público Álvaro Cunqueiro de Vigo en cirurxía cardiovascular coa aplicación de técnicas pioneiras e case 670 intervencións ao ano
O conselleiro sinala ao Álvaro Cunqueiro como un dos principais referentes nacionais nesta disciplina
A Consellería de Sanidade presenta na Mesa Sectorial as conclusións do grupo de traballo para a reforma das axendas de Atención Primaria, que procura un modelo máis proactivo e resolutivo
Proponse un sistema de axendas de calidade con tempos mínimos de consulta, a redución de tarefas administrativas ineficientes dos médicos e a potenciación da figura dos xefes de servizo de atención primaria
A Xunta reforza o seu compromiso cunha sanidade máis humana, que incorpora a experiencia dos pacientes e recoñece o valor das persoas coidadoras
O titular de Sanidade pon en valor a Estratexia de Humanización do Sergas, nacida coa vontade de avanzar dende un modelo centrado na enfermidade cara a outro centrado na persoa