Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.411 novas da C. de Sanidade:

23/04/2026 | 17:58 | C. de Sanidade

O seguimento na quenda de tarde da folga de atención primaria acada o 1,72 % na sanidade pública galega

O paro está convocado polo sindicato CIG, a única forza sindical que non se sumou ata o momento á reforma integral da atención primaria que a Consellería de Sanidade está a negociar xa con seis organizacións sindicais

23/04/2026 | 15:13 | C. de Sanidade

A Xunta adxudica por preto de 89.000 € a redacción do proxecto básico e de execución da obra do hospital de día oncohematolóxico do hospital de Barbanza

O novo servizo posibilita que os pacientes de cancro desta comarca non teñan que desprazarse a Santiago para as consultas máis rutineiras e para recibir os tratamentos máis sinxelos

23/04/2026 | 14:33 | C. do Mar; C. de Sanidade

Galicia reforza a súa seguridade alimentaria cun acordo entre as consellerías de Sanidade e do Mar para controlar o peixe das piscifactorías

O titular de Sanidade pon en valor os controis de calidade que a Xunta realiza na cadea alimentaria e destaca a posición de referencia do Laboratorio de Saúde Pública de Galicia, que se encargará de realizar as analíticas

23/04/2026 | 13:04 | C. de Sanidade

Esta fin de semana teñen lugar os exames das categorías de especialistas de enfermería e de persoal de Servizos Xerais do Sergas, con máis de 8.400 persoas convocadas

Durante a mañá e a tarde deste sábado 25 de abril desenvolveranse as probas de diversas especialidades de enfermería

23/04/2026 | 12:50 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca a contribución do Consello de Bioética a que Galicia sexa referente en protección de datos e uso responsable da tecnoloxía sanitaria

O conselleiro lembra que a tecnoloxía debe estar sempre ao servizo das persoas e nunca por riba dos dereitos e liberdades individuais dos pacientes

23/04/2026 | 11:57 | C. de Sanidade

O seguimento na quenda de mañá da folga de atención primaria acada o 1,51 % na Sanidade Pública Galega

O paro está convocado polo sindicato CIG, a única forza sindical que non se sumou ata o momento á reforma integral da atención primaria que a Consellería de Sanidade está a negociar xa con seis organizacións sindicais

22/04/2026 | 16:02 | C. de Sanidade

Arias agradece aos impulsores da gala ‘Diez Raz10nes’ a colaboración co proxecto do Hula para crear un parque infantil en Pediatría

O delegado territorial confirmou o apoio da Xunta a este evento solidario, que se celebrará o 15 de maio no Círculo das Artes e recadará fondos para a iniciativa do hospital e para a proposta de Alume Saúde Mental

22/04/2026 | 15:14 | C. de Sanidade

A Xunta licita por máis de 775.000 € a infraestrutura tecnolóxica necesaria para o centro de procesamento de datos do Hospital Novo Montecelo

Esta infraestrutura considérase esencial para o soporte das aplicacións corporativas, comunicacións e servizos dixitais do Servizo Galego de Saúde

22/04/2026 | 15:11 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño remarca que a ampliación do horario dos PAC ás mañás dos sábados garante unha mellor atención á poboación ao concentrar e reforzar a asistencia con 211 novos profesionais

O obxectivo desta iniciativa é garantir a atención continuada de forma compatible cos acordos de redución da xornada ordinaria dos profesionais do Sergas a 35 horas semanais, tendo en conta a falta de médicos de atención primaria

22/04/2026 | 15:08 | C. de Sanidade

A Xunta licita por 787.664 € a compra de vacinas antigripais estándar para a próxima campaña

Adquiriranse 255.000 doses dunha vacina destinada á poboación de 6 meses a 69 anos, cando que non teña indicada outra