Actualidade
Buscador de novas
Ana Ortiz destaca o liderado de Galicia na cobertura vacinal que comeza nas residencias de maiores e centros de persoas con discapacidade da área de Vigo
A delegada territorial de Xunta en Vigo subliña o compromiso da cidadanía galega coa vacinación e, especialmente, das persoas maiores
A Xunta inicia a campaña de vacinación da gripe e da covid-19 nos centros sociosanitarios da comunidade
Entre as novidades da nova campaña destacan a vacinación con doses de alta carga ás persoas maiores de 70 anos, a ampliación da vacina intranasal da gripe aos nenos de ata 11 anos e a posta en marcha dun programa piloto de vacinación escolar
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés comezou a campaña vacinal da gripe e a covid nas residencias e centros de discapacidade
Dirixida a 1.432 usuarios e 344 traballadores de 26 residencias, prevense empregar 2.978 doses de vacinas -1.604 de gripe e 1.374 de Covid- nunha primeira fase da campaña, que continuará nas vindeiras datas no resto de centros programados
Belén do Campo acompaña aos maiores da residencia Torrente Ballester no inicio da campaña de vacinación fronte á gripe e á covid-19
As persoas residentes nos centros de maiores e de discapacidade, así como os profesionais que traballan nestas institucións, serán os primeiros en vacinarse
A delegada da Xunta en Ferrol fai un chamamento á participación na campaña de vacinación fronte á gripe que hoxe arrincou nas residencias de maiores
Martina Aneiros, acompañada da directora de Enfermería da Área Sanitaria de Ferrol, visitaron esta mañá a residencia DomusVi de Narón para comprobar o desenvolvemento da xornada
A Xunta participa no proxecto europeo ‘REHEAL’ de compra pública innovadora no ámbito da subministración de produtos sanitarios
O Servizo Galego de Saúde e a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde participan nun novo proxecto europeo para a adquisición de solucións innovadoras
Belén do Campo participou na Carreira da Muller na Coruña para loitar contra o cancro e combater a violencia de xénero e as desigualdades sociais que sofren as mulleres
A delegada subliñou a importancia deste tipo de accións que, ademais de promover hábitos de vida saudables, contribúen a sensibilizar e dar visibilidade a causas sociais de gran relevancia
A Xunta inicia este luns nas residencias de maiores e nos centros de persoas con discapacidade a campaña de vacinación fronte á gripe, que se estenderá ata o 31 de decembro
Os equipos de enfermería tamén vacinarán o persoal destes centros
Gómez Caamaño participa na primeira xornada de lecer dixital en familia que organiza a Xunta para fomentar o uso responsable das novas tecnoloxías
Para participar nas actividades, completamente de balde, as familias simplemente deberán achegarse até o Hall do Multiusos Fontes do Sar ata as 20,00 horas