Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.136 novas da C. de Sanidade:

21/09/2025 | 17:03 | C. de Sanidade

A Xunta fomenta o uso responsable das novas tecnoloxías coa celebración dunha xornada de lecer dixital en familia

Establecer un equilibrio entre as actividades dixitais e o tempo en familia, facilitar a busca de contidos que acheguen valor ou definir unha pautas de conduta dixital son algunhas das finalidade que procura esta iniciativa

21/09/2025 | 09:43 | C. de Sanidade

A Xunta inicia este luns a campaña de inmunización fronte ao virus respiratorio sincitial, que reduce as hospitalizacións de lactantes

Os bebés nados nos hospitais durante a campaña poderán ser protexidos fronte ao virus que provoca a bronquiolite

20/09/2025 | 13:29 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu preto de 2.000 persoas por accidentes de tráfico ao longo deste verán

Desde as 15,00 horas do venres 27 de xuño ata as 23,59 horas do 31 de agosto, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 1.852 chamadas relacionadas con sinistros na estrada que xeraron 1.427 asistencias sanitarias

20/09/2025 | 12:31 | C. de Sanidade

As obras para humanizar a sala de espera de oncoloxía do Hospital Clínico de Santiago de Compostela acadan xa o 80 % de execución

A Xunta está a investir máis de 700.000 euros nesta actuación que supón o acondicionamento da terraza do hospital

19/09/2025 | 14:58 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca os preto de 16.000 galegos inscritos no Rexistro Español de Doadores de Medula Ósea con máis de 1.800 novos voluntarios desde 2024

O conselleiro destaca que desde o ano 2020 a xenerosidade da cidadanía galega supuxo que 57 persoas completaran o camiño da doazón de medula

19/09/2025 | 12:30 | C. de Sanidade

A Xunta presenta o proxecto do Living Lab de saúde de Vigo, centrado na innovación no ámbito das demencias e o deterioro cognitivo

O laboratorio de ideas permite a colaboración de pacientes, familias, investigadores, empresas e centros tecnolóxicos para mellorar a abordaxe das enfermidades

19/09/2025 | 12:13 | C. de Sanidade

O Centro de Protonterapia de Galicia supera a verificación da compañía que instalará o primeiro acelerador de protóns contra o cancro da sanidade pública española

Expertos en construción da compañía líder tecnoloxía de terapia de protóns comproban que os dous búnkeres construídos ao carón do Hospital Clínico de Santiago reúnen os requisitos técnicos para acoller o equipamento

18/09/2025 | 17:56 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño avanza o impulso das fortalezas do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña con novos equipamentos e unha área de rehabilitación cardíaca

Os servizos de cardioloxía galegos ostentan unha posición de liderado nos ámbitos da prevención, a asistencia sanitaria e a investigación das doenza cardíacas

18/09/2025 | 15:17 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde incorpora unha nova unidade móbil de resonancia magnética de alto campo para prestar servizo en Vigo

A sanidade pública galega amplía ata catro o número de equipos móbiles que garanten a calidade asistencial e un maior confort para os pacientes