Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.014 novas da C. de Sanidade:

19/05/2025 | 11:29 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 65 persoas por 54 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 16 de maio, ata as 23,59 horas do domingo, 18 de maio, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 68 chamadas por accidentes de tráfico

19/05/2025 | 10:31 | C. de Sanidade

A Xunta licita por máis de 1,7 M€ as obras do novo centro de saúde de Antas de Ulla, que duplicará o espazo do actual

A previsión do Servizo Galego de Saúde é poder iniciar as obras a comezos de 2026, cun prazo de execución de 16 meses 

18/05/2025 | 10:48 | C. de Sanidade

A Xunta licita por máis de 2,9 M€ unha plataforma tecnolóxica de nova xeración para xestionar a crecente demanda de medicina xenómica no Servizo Galego de Saúde

A nova plataforma Xénica reducirá o tempo investido en xerar un informe final sobre a petición de estudo xenómico que realizan facultativos ou investigadores

17/05/2025 | 10:36 | C. de Sanidade

A Xunta participa no proxecto europeo CEMTex de mellora da sostibilidade e circularidade no uso dos materiais téxtiles nos sistemas sanitarios

Esta iniciativa ten como finalidade contribuír ao desenvolvemento dun modelo de consumo de materiais téxtiles médicos que cumpran de xeito óptimo cos requirimentos sanitarios comunitarios, coa intención de reducir as emisións de carbono e de materiais sobrantes varios

16/05/2025 | 15:43 | C. de Sanidade

Os Obradoiros de robótica e programación organizados pola Xunta e o Colexio de Enxeñería Informática para Nenos Hospitalizados resultan galardoados nos premios de Internet 2025

Esta iniciativa conxunta do Goberno galego e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática desenvolvéronse nas diferentes áreas sanitarias

16/05/2025 | 14:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta arranca as obras dos novos accesos ao Chuac, que inclúen o anel perimetral que rodeará o complexo

A actuación dos accesos incluirá tamén a remodelación do enlace que conecta o Chuac coa Avenida da Pasaxe (AC-12), 

16/05/2025 | 13:24 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade

A Xunta destina este ano 500.000 euros ao novo centro 24 horas de atención ás vítimas de violencia de xénero aberto no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

A delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, visitou as instalacións acompañada polo xerente da área sanitaria e o subdelegado do Goberno en Pontevedra

16/05/2025 | 12:56 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño avanza que o hospital de día de saúde mental infanto-xuvenil do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol entrará en funcionamento este outono

Tal e como remarca o conselleiro, o novo hospital de día permitirá ofrecer atención especializada nun espazo terapéutico seguro cun completo equipo profesionais

15/05/2025 | 20:31 | C. de Sanidade

O xerente do Servizo Galego de Saúde pon en valor o labor asistencial da enfermería para construír un sistema sanitario público forte, equitativo e centrado nas persoas

O representante do departamento sanitario galego subliñou o compromiso do persoal de enfermería co benestar das persoas que coidan

15/05/2025 | 20:01 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade destaca a achega exemplar do doutor Paz-Ares á investigación oncolóxica clínica e traslacional

Subliña que a incorporación de Paz-Ares á Academia de Farmacia supón afondar nos valores desta institución: a excelencia investigadora e o firme compromiso co benestar das persoas