Actualidade
Buscador de novas
A Xunta subvenciona con 300.000 euros as obras de mellora das instalacións do campo de fútbol da Mata, no Rosal
O delegado territorial visitou o avance das obras, acompañado polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete
O número de deportistas galegos recoñecidos no alto nivel segue medrando e chega aos 1.456
A paridade de xénero séguese achegando ao equilibrio co 41% de mulleres (593) e o 59% de homes (863)
Lete gaba o traballo da cultural de Sanxenxo no tenis galego cos seus catro torneos internacionais: absoluto masculino, master, cadete e júnior
Garante o apoio da Xunta noutra tempada máis e fai fincapé no ITF World Tennis Tour Junior, celebrado a mediados de outubro e que, ao longo das súas 22 edicións ten traído a Sanxenxo a tenistas da talla de Carlos Alcaraz, Casper Ruud ou Jannik Sinner
A Xunta anuncia as axudas para deportistas, técnicos e árbitros de alto nivel que, sumadas ás concedidas polos xogos de París, acadan 736.500 euros en 2024
Deste xeito, a contía total das axudas concedidas ás persoas deportistas do alto nivel ao longo deste exercicio volve rachar o teito histórico e supera o investimento realizado en 2023, cando se destinaron preto de 726.500 euros entre as axudas de deportistas, técnicos e xuíces
Lete asegura que Patricia Suárez estará nos Xogos de Los Ángeles 2028 na presentación do seu terceiro ciclo olímpico da man do adestrador Antón Paz
O secretario xeral para o Deporte lembra que a Xunta seguirá apoiando a carreira de Patricia Suárez como fixo en 2019 cando lle cedeu un 49er FX para a súa preparación olímpica
A II Ruta Extreme Suarna reunirá uns 200 participantes o próximo sábado en Navia co apoio da Xunta
Os asistentes farán un percorrido duns 80 quilómetros polos montes do concello a bordo de motos, quads e vehículos ATV
A Xunta solicita ás federacións que suspendan as actividades deportivas ao aire libre no caso de celebrarse nunha zona afectada por alerta laranxa
Esta solicitude ás federacións, competentes da suspensión da actividade deportiva, débese á activación da alerta laranxa por chuvias nas provincias da Coruña e de Pontevedra, así como a ampliación da alerta laranxa por vento á Mariña e á montaña de Ourense, e a de costeiros a todo o litoral pontevedrés