Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 4.988 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

19/08/2026 | 14:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta resolve a convocatoria da liña de apoio a actuacións de carácter estratéxico con 26 novas actuacións beneficiarias cun investimento de 10 M€

Resultaron beneficiarias dez propostas presentadas por concellos da provincia da Coruña con 3,7M€, seis de Ourense con máis de 1,7M€, cinco de Pontevedra con 2,2M€ e outros cinco en Lugo, tamén con 2,2M€  

18/08/2026 | 10:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta asina o convenio de colaboración co Concello de Ares para executar un novo aparcadoiro disuasorio de máis de 200 prazas

O Goberno galego destinará máis de 220.000 euros a esta actuación, o que representa o 75% do orzamento total

17/08/2026 | 13:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Alfonso Villares pon en valor os máis de 744.000 euros que a Xunta destina a mellorar infraestruturas municipais na provincia de Lugo

O delegado territorial visitou a parcela de Feira do Monte, en Cospeito, na que se construirá unha pista deportiva ao abeiro da orde de infraestruturas de uso público deste ano

17/08/2026 | 11:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina máis de 700.000€ a sete programas de educación transformadora e de innovación e comunicación social promovidos por ONGD

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución desta nova liña de axudas, coa que se pretende potenciar o impacto das accións desenvolvidas por estas entidades no exterior mediante accións complementarias no territorio galego e cun horizonte temporal amplo

15/08/2026 | 12:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 34.000 euros a mellorar a accesibilidade da Escola de Música de Baamonde, en Begonte

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, destacou o apoio do Goberno galego a este proxecto cultural, que implica tamén aos concellos de Rábade, Outeiro de Rei e Friol

14/08/2026 | 13:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda salienta que a senda peonil e ciclista entre O Milladoiro e Santiago é xa unha opción fronte ao vehículo particular

Subliña que este tramo, na que se investiron 7,5 M€ e cun traxecto de case 6 km, permitirá reforzar “a unión que houbo sempre entre estes dous concellos”

13/08/2026 | 12:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa a ampliación do polideportivo municipal de Barbadás con máis de 612.000 euros das axudas a proxectos estratéxicos

As obras suporán un investimento de máis de 1,2M€ e permitirán crear unha planta con ximnasio, sala polivalente e novos vestiarios, ademais de contribuír á accesibilidade e á eficiencia enerxética do edificio

13/08/2026 | 10:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina preto de 186.000€ a equipamento de emerxencias para as agrupacións de voluntarios de Protección Civil

A convocatoria, que sae publicada hoxe no DOG, vai destinada a concellos de menos de 50.000 habitantes que conten con estes colectivos

12/08/2026 | 17:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo asiste á recepción oficial aos equipos participantes no LXXXI Trofeo Teresa Herrera

Xa pola tarde, a delegada da Xunta asistiu no estadio de Riazor ao encontro masculino do LXXXI Trofeo Teresa Herrera entre o Real Club Deportivo e o Real Madrid, acompañando á afección coruñesa nunha das grandes citas deportivas do verán