Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 4.830 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

04/05/2026 | 19:34 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca os avances na proposta do Goberno galego para captar novas rutas a través da promoción turística en orixe coa incorporación das deputacións provinciais da Coruña e Pontevedra

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes lembrou a proposta da Xunta, que supón sumar ao modelo de negocio un apoio institucional de 100.000 euros para promoción turística por cada nova ruta confirmada e cun máximo de dúas por aeroporto e ano

04/05/2026 | 16:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta comeza as actividades da Semana de Europa promovidas polo novo centro ‘Europe Direct Galicia’

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, participou ao debate ‘40 anos de Galicia na UE’ celebrado na facultade de Ciencias Políticas da USC sobre a situación xeopolítica actual, o papel de Europa e as novas prioridades da Comisión Europea

04/05/2026 | 12:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta concede 1.470 axudas para a contratación de persoal asalariado como segunda persoa condutora e para o pago das pólizas de seguros no sector do taxi

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución destas subvencións coas que se pretende axudar ás persoas titulares de autorización de taxi a facer fronte ao incremento do prezo dos seguros e mellorar a prestación do servizo ante o aumento da demanda coa contratación de máis persoal

04/05/2026 | 10:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia 186 concellos para a contratación de socorristas durante os meses de verán

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da orde de axudas para a prestación do servizo de vixilancia, rescate e salvamento nos espazos acuáticos naturais e en instalacións acuáticas descubertas

04/05/2026 | 10:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta publica a nova liña de axudas para a adquisición de vehículos adaptados dirixida a entidades de iniciativa social

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a medida, dotada con 500.000 euros e que ten como obxectivo facilitar a prestación de servizos a persoas dependentes ou con discapacidade

02/05/2026 | 10:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Case 600 persoas aspirantes a auxiliares de Policía Local realizarán os primeiros exercicios do proceso selectivo o 14 de maio en Silleda

Superadas todas as probas da oposición pola que optan a 74 prazas en 25 concellos, deberán facer un curso selectivo na Academia Galega de Seguridade Pública

30/04/2026 | 17:35 | C. de Facenda e Administración Pública; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta abre o prazo de inscrición para a 24ª edición do curso en financiamento comunitario TecEuropa

Organizado pola Fundación Galicia Europa, celebrarase de maneira presencial en Bruxelas entre o 23 e 25 de xuño

30/04/2026 | 16:44 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes