Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destaca a necesidade dunha colaboración institucional real durante a tramitación da nova Lei de Administración Local de Galicia con achegas construtivas
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, defende no Parlamento que a Xunta está a avaliar as 530 alegacións ao anteproxecto presentadas por máis de medio cento de entidades co obxectivo de incorporar todas aquelas que contribúan a enriquecer o texto
A Xunta cumpre cos prazos de implantación da nova Lei de eficiencia xudicial malia o escaso apoio do Goberno central
O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, subliña que o Goberno galego tivo que asumir un custo adicional de 10 millóns de euros
A Xunta asiste á inauguración da Escola de Verán do Ministerio Fiscal
O Pazo de Mariñán acolle desde hoxe mércores e ata o venres unha nova edición da Escola de Verán do Ministerio Fiscal, que este ano se celebra baixo o título Tutela e protección das vítimas no proceso penal
A Xunta renova a colaboración coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia a prol da accesibilidade nos actos institucionais
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asinou coa presidenta da federación, María Alonso Mesía, o acordo que permite dotar de medios de interpretación as actividades institucionais que se realicen ao longo deste ano de todas as áreas do sector público autonómico
A Xunta avalía coa Fegamp as súas achegas ao anteproxecto da nova Lei de Administración Local de Galicia
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, reuniuse co vicepresidente primeiro da Fegamp, Ángel Moldes, para abordar as aportacións da entidade ao texto e lamentou a ausencia do seu presidente, Alberto Varela, e tamén do vicepresidente segundo e da vicepresidenta executiva
A Xunta colabora na mellora das instalacións da Casa Indiana de Curtis para garantir a eficiencia e o confort na prestación dos servizos municipais
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou hoxe o edificio de uso público para comprobar as actuacións realizadas cunha achega superior aos 48.000 euros
A Xunta recibe ao Club Voleibol Cidade da Coruña tras o seu ascenso á Superliga 2 Feminina
Os representantes do Goberno autonómico destacaron o exemplo de traballo, esforzo e promoción do deporte feminino que representa este club coruñés