Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 4.988 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

16/09/2026 | 12:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa a reforma da Lei de Dereito Civil de Galicia para adaptala á realidade social e tecnolóxica actual

O obxectivo é prestar especial atención á protección de persoas con discapacidade, idade avanzada ou en situación de soidade non desexada, co reforzo do contrato de vitalicio

15/09/2026 | 17:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lamenta que non houbese avances na xuntanza técnica de hoxe para axilizar o traspaso das competencias sobre as autorizacións iniciais de traballo e agarda que se resolva na próxima reunión

A transferencia sofre unha nova demora ao recoñecer o Goberno central que cometeu un erro na proposta presentada á comunidade autónoma

15/09/2026 | 15:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta destaca a capacidade de Galicia para acoller competicións deportivas na presentación da décima edición do Ecorallye A Coruña

O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, animou a seguir unha proba que contará con récord de inscricións e a participación dos mellores pilotos da especialidade

15/09/2026 | 14:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destinará 3,7 M€ a unha decena de propostas de concellos da provincia da Coruña para levar a cabo actuacións municipais de carácter estratéxico

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou hoxe as obras que se están a levar a cabo para reformar a Casa do Concello da Laracha e a súa contorna, ás que o Goberno galego destinou unha achega de máis de 556.300 euros na orde do ano pasado

15/09/2026 | 13:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo supervisa as obras de mellora do pavimento no pavillón municipal de Curtis que contaron cun apoio da Xunta de 35.000€ e a actuación de renovación do ximnasio que tamén se está acometendo co apoio do Goberno galego

A delegada da Xunta destacou que esta orde permite impulsar, este ano, actuacións en 32 concellos da provincia por un importe de máis de 1,1 millóns. Concretamente, na comarca de Betanzos a  Xunta apoia 6 actuacións nos concellos de Curtis, Oza-Cesuras, Abegondo, Betanzos, Irixoa e Vilarmaior por un importe de case 192.000 euros

15/09/2026 | 13:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta insta a Adif a revisar o borrador da acta de entrega das obras dos elementos comúns e do aparcadoiro da estación intermodal da Coruña para poder formalizala

O Goberno galego aclara que, desde o envío a finais de maio da acta de recepción e do borrador da acta de entrega das obras para a súa revisión, máis de tres meses despois, segue sen recibir resposta nin observacións

14/09/2026 | 17:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta participa na presentación da Visión Estratéxica 2026–2028 da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para reforzar a cooperación neste territorio

O director xeral de Relacións Exteriores e coa EU, Jesús Gamallo, e a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, participaron en Vigo no acto de presentación

14/09/2026 | 14:43 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

Alfonso Villares destaca a colaboración da Xunta co Concello de Xermade na mellora de infraestruturas e servizos

O delegado territorial de Lugo analizou co alcalde, Roberto García, algúns dos últimos  investimentos realizados polo Goberno galego así como proxectos de futuro para o municipio