Actualidade
Buscador de novas
A Xunta activa desde esta madrugada a alerta laranxa por chuvias no interior de Pontevedra e por temporal costeiro en todo o litoral galego
Suspéndense mañá as actividades no exterior nos centros educativos no interior de Pontevedra pola alerta por chuvias, así como a actividade deportiva federada e do programa Xogade nesta zona
A Xunta aposta por un deporte cada vez máis igualitario, inclusivo e transparente
O secretario xeral para o Deporte compareceu hoxe no Parlamento galego para dar conta dos retos en materia deportiva para 2026
A Xunta pon en valor a modernización na organización e funcionamento das entidades locais que supón a actualización da Lei de Administración Local de Galicia
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, presentou o anteproxecto da futura norma aos representantes dos Colexios Territoriais de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Administración Local da Coruña-Pontevedra, Ourense e Lugo
A Xunta mellora a sinalética e a imaxe da estación de autobuses de Ribadeo no marco do compromiso do Goberno galego coa conservación destas infraestruturas
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, visitou hoxe a estación, na que a Xunta apoiou a colocación de sinais e imaxes no interior e no exterior do edificio co obxectivo de facilitar a información ás persoas usuarias
A Xunta destina 55.000 euros a mellorar a eficiencia enerxética do pavillón municipal e das pistas de tenis de Guntín
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o Concello executou as obras con cargo ás axudas do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local
A Xunta destina 1,5 M€ á orde de axudas para colaborar no financiamento dos gastos das entidades locais na contratación de socorristas no verán
A orde sufragará os gastos da contratación de persoal para o servizo de vixilancia, rescate e salvamento en espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas municipais
A Xunta comparte co Foro cidadán polo ferrocarril a demanda de melloras ferroviarias en Ferrolterra
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes reuniuse con representantes do colectivo para escoitar as súas reivindicacións e presentarlle o estudo impulsado polo Goberno galego con propostas de mellora da mobilidade e do transporte ferroviario
Galicia participa na segunda edición do Foro Celta para fomentar a cooperación entre rexións do atlántico europeo
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, asistiu ao Foro, que reuniu en Glasgow a nacións e rexións de tradición celta e que contou coa participación de Galicia xunto con Escocia, Irlanda, Gales, Cornualles, Illa de Man e Bretaña