Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 19 novas da área temática Clima:

21/07/2026 | 13:23 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en marcha o foro interactivo B2B para facilitar e axilizar o contacto directo entre os membros da Alianza galega polo clima

Neste novo punto de encontro dixital os membros da Alianza poderán, entre outras cuestións, intercambiar coñecemento e experiencias, crear novas conexións, impulsar e compartir avances e debater sobre temáticas de interese

20/07/2026 | 14:49 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta analiza co Concello de Bóveda a creación dun refuxio climático nunha carballeira da localidade

En canto aos servizos de augas, Ángeles Vázquez e José Manuel Arias avaliaron as principais necesidades municipais para mellorar o servizo de abastecemento

19/07/2026 | 16:07 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Sanidade

A Xunta activará mañá luns a alerta amarela por episodio de calor na área isoclimática de Valdeorras

O nivel 1, amarelo, afectará aos concellos do Barco de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, Vilamartín de Valdeorras

16/07/2026 | 13:12 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta o rol da industria do papel para avanzar cara á economía circular e na consecución dos obxectivos climáticos de Galicia

Ángeles Vázquez sinala que o papel é un material  especialmente axeitado para os principios da economía circular xa que é renovable, reciclable, biodegradable e reintegrable en novos ciclos produtivos

15/07/2026 | 14:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta que a Lei do clima reforza a posición de Galicia como referente na acción climática

Paula Uría sinala que a nova normativa sitúa o clima como eixo das políticas públicas galegas co obxectivo de reducir nun 75% as emisións contaminantes en 2030 e adaptar a Comunidade aos efectos do cambio climático

11/07/2026 | 15:28 | C. de Sanidade; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá por finalizada mañá domingo a alerta por posibles efectos da calor na saúde en toda Galicia

Nos vindeiros días entrará aire atlántico, máis fresco e húmido, o que fará que as temperaturas se suavicen notablemente

11/07/2026 | 13:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa para mañá alerta laranxa por tormentas e chuvias na Mariña lucense e amplía ao centro de Lugo a activa hoxe en toda a provincia da Coruña

Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal)

09/07/2026 | 17:16 | C. de Sanidade
08/07/2026 | 13:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo destaca a axilidade da Xunta na activación dos recursos de emerxencia para atender as incidencias polas riadas do pasado 17 de xuño e na recuperación dos servizos e infraestruturas danados

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes lembra que o Goberno galego continúa a traballar cos concellos para establecer canles de colaboración cos que axudar a sufragar os gastos de reparación dos danos rexistrados 

07/07/2026 | 15:44 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta sinala que Galicia suma xa 16 xornadas con avisos por altas temperaturas e rexistrou o segundo mes de xuño máis cálido desde 1961

Ángeles Vázquez explica que aínda que os episodios de calor non son excepcionais, os datos indican que estes fenómenos aparecen cada vez con maior frecuenta e, nalgúns casos, con maior intensidade