Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 4.370 novas da área temática Cultura:

12/10/2026 | 10:13 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Cidade da Cultura viaxa a un futuro experimental do folclore andaluz coa estrea de ‘Brutalismo. Unha danza para concerto’

O proxecto do músico Isabel do Diego, que se pon en escena da man da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, emprega unha electrónica minimalista que nace da interacción do corpo con catro novos instrumentos musicais

11/10/2026 | 21:39 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos celebra “o gran talento bandístico galego” nun certame que pechou en Pontevedra con 1.000 músicos

Nesta XIX edición participaron dez formacións galegas e sete portuguesas con actuacións que incluíron a sección infantil e xuvenil

10/10/2026 | 11:08 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta de Galicia estrea ‘Dolce far niente’ este domingo no Salón Teatro coas entradas esgotadas

A traxicomedia escrita e dirixida por Lucía Satta poderá verse este domingo 11 de outubro nunha función para a que xa non quedan localidades dispoñibles

09/10/2026 | 16:36 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta colabora co festival ‘Intersección’ nunha edición que reforza a proxección internacional do audiovisual galego

A sección Internacional reúne 27 filmes de 22 países, con catro estreas mundiais, 17 españolas e cinco galegas

09/10/2026 | 15:17 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta e Agadea dan voz á expresión artística das persoas con alzhéimer cunha mostra de pintura no Gaiás

A exposición ‘CoiDándonos’ constrúese como espazo de aprendizaxe mutua e incorpora diferentes miradas e sensibilidades para unha cultura máis inclusiva

09/10/2026 | 14:43 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Belén do Campo pon en valor o labor da Orquesta Gaos como referente de formación, promoción do talento novo e difusión da música clásica

Belén do Campo a delegada lembrou que a Xunta ven colaborando con esta orquesta dende hai anos a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e recentemente a través dos Concertos do Xacobeo, no espectáculo Yandel Sinfónico, celebrado hai uns meses

09/10/2026 | 13:09 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos destaca a elección da Xunta da Domus Mitreo de Lugo para a custodia dos materiais arqueolóxicos recuperados na contorna da cidade

Salienta a autorización para trasladar a este centro os achados das intervencións ao redor do Pazo de Montenegro, depositados nos museo do castro de Viladonga

08/10/2026 | 16:23 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta apoia o festival ‘Desfoga’ que achega as artes vivas a Cambados

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude colabora co certame que combina estreas, un pasarrúas musical, danza na praia e propostas arredor da memoria e do patrimonio local

08/10/2026 | 13:27 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta apoia a difusión da novela gañadora do Xuventude Crea 2025, 'Nós, os tolos', de Tania Castelao

A representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salienta a calidade literaria emerxente existente en Galicia e a importancia de iniciativas que as difundan