Actualidade
Buscador de novas
A Xunta prevé que a economía galega medre catro décimas máis do previsto hai un ano, cando se elaboraron os orzamentos vixentes
A estimación inicial de crecemento do 1,9 % do PIB para o 2026 revisouse á alza en xullo ata o 2,1 % e agora o IGE actualizado de novo ata o 2,3 %
A Xunta impulsa novas oportunidades para as empresas galegas en Emiratos Árabes Unidos, onde as exportacións medraron un 6.6% en 2025
A directora do Igape, Covadonga Toca, participa na inauguración da Xornada País Emiratos Árabes Unidos, onde destaca que 279 empresas galegas exportaron ao país o pasado ano, cunhas vendas que alcanzaron os 79,6 millóns de euros
A Xunta inviste máis de 38.600 euros á mellora da iluminación pública do polígono industrial da Uceira, na Caniza
A actuación permitirá mellorar a eficiencia do alumeado deste parque empresarial
Rueda trasládalle ao embaixador británico a fortaleza dos lazos comerciais de Galicia co Reino Unido
O presidente da Xunta mantivo un encontro co embaixador Alex Ellis no marco do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, onde puxo en valor a posición de Galicia como un socio industrial e comercial fiable e competitivo no contexto europeo e internacional
Lorenzana destaca a importancia da formación especializada fronte ao avance da electrificación no sector da automoción
Recoñece o labor de empresas como o Grupo Regueira, baseado en ofrecer aos talleres un servizo integral onde, ademais da asistencia técnica, a formación é clave
A Xunta reafirma en San Cibrao das Viñas a aposta polo talento e a colaboración público-privada como motores de emprego e competitividade
José González pon en valor a traxectoria da Asociación de Empresarios do Polígono como referente empresarial na provincia de Ourense e destaca o traballo desenvolvido durante os últimos anos polo seu presidente, José Antonio Rodríguez
A Xunta destaca os máis de 1.200 proxectos atendidos no Polo de emprendemento de Ferrol co gallo da entrega dos ‘XI Premios Ferrolterra Emprende’
A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais participou hoxe en Ferrol na gala de entrega dos galardóns impulsados por AJE Ferrolterra, apoiados polo Goberno galego ao abeiro da colaboración establecida a prol do emprendemento