Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.072 novas da área temática Territorio:

02/10/2026 | 15:07 | C. do Medio Rural

Belén do Campo destaca o investimento de máis de 86.000 euros para mellorar as infraestruturas rurais no concello de Ordes dentro da orde do Plan Camiña 25-26

Belen do Campo  comprobou hoxe o resultado da actuación levada a cabo de mellora do firme de do desvío a Castro ata o límite con Mesía

01/10/2026 | 14:46 | Axencia de Turismo de Galicia

Galicia pecha o verán cun incremento do 8% en rendibilidade e ingresos hoteleiros que superan os 160 M€

Galicia supera por primeira vez os 4,9 millóns de noites no período estival

01/10/2026 | 13:42 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta o valor engadido que supuxo o intercambio de coñecemento e experiencias do proxecto europeo GIFT para a Estratexia galega da paisaxe

Galicia incorporou a esta estratexia iniciativas doutras rexións europeas para aplicalas ao noso territorio ao mesmo tempo que exportou coñecemento sobre boas prácticas que se desenvolven na Comunidade

30/09/2026 | 15:09 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García felicita o Concello do Corgo pola súa adhesión e presentación de propostas ao proxecto de residencias de maiores da Xunta

Terá capacidade para un centenar de usuarios e complementarase co equipamento previsto no Páramo, de 30 prazas

29/09/2026 | 11:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa hoxe a alerta laranxa por chuvia no oeste e suroeste da provincia da Coruña

Suspéndense as actividades escolares no exterior e a actividade deportiva federada e do programa Xogade no exterior, agás os deportes náuticos e acuáticos federados, nos concellos afectados polo fenómeno meteorolóxico adverso

28/09/2026 | 15:15 | C. do Medio Rural

Medio Rural destaca o vínculo entre territorio, calidade e orixe na Ribeira Sacra

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participou na presentación do Tren Turístico de época Galaico Expreso Ribeira Sacra

27/09/2026 | 11:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 10 ofertas para executar as obras de 58 novas vivendas públicas no Bertón, en Ferrol, licitadas por investimento de preto de 10,3 M€

Trátase dun novo edificio que constará de vivendas de 1, 2 e 3 dormitorios e serán fogares accesibles, luminosos e eficientes enerxéticamente