Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 694 novas da área temática i+D+i:

09/10/2025 | 12:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia pon en funcionamento a liña de comunicación cuántica máis longa de España que une Santiago e Vigo e logra un fito histórico para a ciberseguridade

O conselleiro de Ciencia, Román Rodríguez, e o reitor da UVigo, Manuel Reigosa, participan na posta en funcionamento desta conexión de 120km de distancia

08/10/2025 | 16:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. do Mar

A Xunta destaca a excelencia da I+G+i na conmemoración do Día da Ciencia en Galicia

As directoras da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, e do Instituto Tecnolóxico do Medio Mariño, Covadonga Salgado, participan no acto organizado pola Real Academia Galega de Ciencias, dedicado ao químico Fernando Calvet i Prats

07/10/2025 | 14:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia participa en Biospain 2025 en Barcelona para amosar o potencial innovador do sector biotecnolóxico e explorar oportunidades de negocio

A delegación galega, liderada pola Xunta, conta cun espazo propio na feira, onde se presentarán proxectos estratéxicos, capacidades e oportunidades de colaboración

07/10/2025 | 13:32 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño subliña a transcendencia internacional da investigación sanitaria que realiza o Instituto Galicia Sur

O titular da carteira sanitaria destaca a vitalidade do Instituto, con máis de 1.000 profesionais, e que o pasado ano captou máis de cinco millóns de euros para investigacións feitas en Galicia

03/10/2025 | 14:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez sinala o foro Ecosystems 2030 como unha oportunidade para posicionar a nivel internacional a I+D+i galega

O conselleiro de Ciencia participa neste evento e pon en valor o talento, traballo e esforzo de Galicia para avanzar en ciencia e tecnoloxía

02/10/2025 | 14:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña o papel de Gradiant como referente tecnolóxico en intelixencia artificial, emprendemento e innovación

A directora do Igape, Covadonga Toca, visitou as instalacións do centro vigués, onde puxo en valor o seu traballo na creación de spin-offs e na posta en marcha do primeiro fondo de investimento deep tech impulsado por un centro tecnolóxico en Europa

01/10/2025 | 12:58 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor a importancia da investigación para afrontar os retos do quecemento global e avanzar cara ao obxectivo da neutralidade climática

Ángeles Vázquez convida aos responsables de Cretus a formar parte do futuro Foro de Acción Climática, órgano colexiado de participación previsto na Lei do clima

30/09/2025 | 16:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reforza a colaboración entre universidades, centros, administración e empresas para impulsar o desenvolvemento das tecnoloxías cuánticas

A directora da Axencia Galega de Innovación inaugura o foro ‘Construíndo ecosistemas de impacto en cuántica’ con expertos a nivel nacional e internacional

30/09/2025 | 13:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Observatorio Nacional de Educación Dixital recoñece o modelo de ensino híbrido de Galicia ao outorgarlle o seu primeiro premio a nivel estatal

Esta organización está integrada por un consorcio de entidades públicas e privadas como a Fundación Cotec e a Fundación Princesa de Girona, entre outras

29/09/2025 | 12:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez subliña as novas accións para atraer, retornar e reter investigadores con Oportunius

A Xunta reforza os servizos de apoio para incrementar a visibilidade internacional desta iniciativa e acoller a novos perfís de interese para a I+D+i galega