Actualidade
Buscador de novas
A Xunta pon en valor o Castelo de Santa Cruz da Guarda para reforzar o atractivo do Camiño Portugués da Costa que medra a un ritmo do 22%
A actuación forma parte dos esforzos do Goberno galego pola rehabilitación de 10 Bens de Interese Turístico de titularidade pública, para o que se destinaron 22,7M€ no marco do Plan Xacobeo Next Generation
A Xunta reúne aos mellores bailaríns de hip-hop en Vigo nunha nova edición do campamento da Summer
A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, presentou este martes a iniciativa de formación, competición e expresión artística
A Xunta financia con 14.500 euros os campamentos de conciliación do concello de Forcarei
Forcarei é un dos 30 beneficiarios das axudas do Plan Corresponsables que deixaron na provincia máis de un millón de euros para impulsar servizos que faciliten a conciliación das familias
López Campos destaca en Poio o compromiso do Goberno galego coa “excelencia e calidade” de todas as dotacións culturais locais de Galicia
A Xunta facilitou a renovación do mobiliario bibliotecario e do pavimento desta instalación municipal cunha achega de preto de 20.000€ para estas actuacións
Martina Aneiros pon en valor os traballos de conservación que a Xunta financia no xacemento arqueolóxico do Castro do Sarridal, en Cedeira
A delegada territorial de Ferrol, visitou a actuación, que conta cun financiamento de máis de 17.500 euros
A Xunta achega máis de 500.000€ a 18 proxectos de embelecemento de empresas turísticas da área de Vigo
A delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, visitou este xoves o Hotel Baiona, un dos beneficiarios das achegas
Belén do campo destaca o investimento de preto de 1,1M€ no asfaltado de dous treitos da AC-960 ao longo de 13,6 quilómetros que se están executando ao seu paso por Boqueixón
A representante do Goberno autonómico destacou que esta intervención permite renovar esta infraestrutura moi utilizada tanto polas veciñas e veciños como polos numerosos vehículos que circulan diariamente por esta zona
A Xunta dá luz verde ambiental con condicións á construción dun campamento de turismo canino en Arzúa
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
A Xunta recibe 7 ofertas para as obras da senda peonil e ciclista na PO-313 entre Cadro e Cadrelo, no Concello de Marín, nas que inviste máis de 740.000 €
O itinerario esténdese ao longo preto dun quilómetro na marxe esquerda da estrada PO-313 e os traballos incluirán outras actuacións, como unha parada de autobús e varios treitos de varanda no percorrido
A Xunta financia con 454.000 euros o obradoiro dual de emprego de Sarria, que continúa rehabilitando o Campo da Feira
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, subliñou que os 20 participantes aprenden oficios con boas perspectivas laborais e contribúen á recuperación deste espazo emblemático da localidade