Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 38.176 novas:

05/08/2026 | 13:04 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca a reforma do centro de saúde de Oca, á que a Xunta e o concello da Estrada destinan 154.000 euros, como un exemplo máis da aposta do Goberno galego pola atención primaria

A Consellería de Sanidade e o Concello financiarán a partes iguais a reforma, que permitirá mellorará a atención sanitaria que se presta á veciñanza deste municipio

05/08/2026 | 12:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras de mellora da contorna do Centro de Estancia de Agrelo, no concello do Campo Lameiro, por preto de 372.000 euros

A actuación enmárcase no Plan Hurbe da Xunta e completará este equipamento municipal coa urbanización da parcela que rodea o edificio e a habilitación dun acceso peonil e rodado ás instalacións

05/08/2026 | 12:50 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destaca o papel das aulas CeMIT como espazos de proximidade para a capacitación dixital, a experimentación tecnolóxica e a cohesión comunitaria

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, visitou a Aula CeMIT de Tui, na que se imparte a edición do programa 'Tech Kids: Argallando entre xeracións'

05/08/2026 | 12:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 383.000 euros a obra de mellora de itinerarios peonís en Lestedo, no concello de Boqueixón

Trátase de executar as obras de integración urbana das vivendas situadas nas proximidades do lugar de Lestedo con intervencións centradas na rúa Castrelo e na avenida do Vinteseis

05/08/2026 | 12:45 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia a remodelación do centro social municipal de maiores de Boimorto

As obras, que executará o Concello, buscan a mellora da distribución interior, da funcionalidade, da durabilidade e da estética do espazo

05/08/2026 | 12:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta licitará este ano a rehabilitación integral do colexio Camiño de Santiago, no Pino, por 1,3 M€

Renovarase por completo a envolvente dos edificios, acadando un aforro enerxético e de emisións de polo menos un 30%

05/08/2026 | 12:25 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta o potencial do CIFP de Coia a prol da formación flexible e á carta do mercado laboral en sectores estratéxicos como a automoción

José González destaca o modelo de formación para o emprego que promove a Xunta, que aposta por facela áxil, flexible e conectada coas necesidades do tecido produtivo co fin de responder ao reto da cobertura de vacantes

05/08/2026 | 12:24 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon a disposición da cidadanía unha predición meteorolóxica específica para o día da eclipse e apela a unha observación respectuosa co medio natural

MeteoGalicia habilita desde hoxe un novo espazo dixital na súa web que, tres días antes do evento, permitirá consultar en cada municipio o prognóstico completo e detallado para a mañá, a tarde e a noite do 12 de agosto