Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 38.179 novas:

04/08/2026 | 17:33 | Axencia de Turismo de Galicia

O comisario do Xacobeo 2027 inaugura en Samos a mostra Hospitalidade monástica, que recupera a memoria dos mosteiros como espazos de acollida

A acción forma parte dos proxectos culturais incluídos no programa O Teu Xacobeo que este ano conta cun investimento de 1M€

04/08/2026 | 17:16 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste preto de 73.000 euros na mellora das infraestruturas rurais no Concello de Crecente

Esta localidade recibiu esta achega económica ao abeiro das axudas destinadas a mellorar os servizos básicos no rural e fixar poboación

04/08/2026 | 16:59 | C. do Medio Rural

Medio Rural inviste máis de 70.000 euros para fomentar a xestión forestal sustentable no Concello de Cuntis

A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, visitou hoxe este municipio, no que se levaron a cabo actuacións ao abeiro das achegas para fomentar a silvicultura produtiva de coníferas e a mellora ambiental de frondosas e soutos

04/08/2026 | 15:52 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

‘Atardecer no Gaiás’ aposta en agosto polo rock, a electrónica, o pop e a música urbana

O grupo compostelán Dogo será o primeiro en subir ao escenario da Cidade da Cultura este xoves 6 de agosto ás 21,00 horas

04/08/2026 | 15:39 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo destaca o apoio da Xunta ao comercio local na presentación da campaña "Ven ver a nosa eclipse" de la Zona Comercial Obelisco

A delegada da Xunta participou na presentación dunha iniciativa que premiará as compras no comercio de proximidade con lentes homologadas para observar con seguridade a eclipse solar do vindeiro 12 de agosto.

04/08/2026 | 15:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 M€

Do total de científicos nas distintas etapas, 150 desenvolverán o seu traballo nas tres universidades galegas e 22 noutros organismos

04/08/2026 | 15:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta o papel de Mostrart na comercialización e posta en valor dos produtos artesáns galegos

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou a 42ª edición desta cita de referencia, na que participan 56 obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia