Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.161 novas da área temática Comercio:

12/12/2025 | 13:45 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O padroado do Ifevi aproba por unanimidade a constitución dunha comisión de traballo de carácter técnico para deseñar o plan funcional e o estratéxico

No marco da folla de ruta para o impulso do recinto feiral, agora o seguinte paso será a designación dos representantes que integrarán este grupo por parte de cada unha das entidades participantes

10/12/2025 | 22:24 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
08/12/2025 | 13:04 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta amplía o Bono Remuda 2025 como antesala dos 1,5 M€ cos que estará dotado o ano que vén no marco da orde de axudas para autónomos por case 41 M€

O DOG vén de publicar a redistribución de crédito da convocatoria única para persoas traballadoras autónomas deste ano, que suporá contar con preto de 300.000 € máis para atender un total de 67 solicitudes que garantan a remuda no tecido produtivo

07/12/2025 | 12:59 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca en Ribadavia o dinamismo comercial xerado polo proxecto Vilas Vivas que vén de arrancar coincidindo co evento ‘Artesanía, Saber e Sabor’

José González comprobou hoxe o funcionamento dos primeiros locais xa abertos en Ribadavia coincidindo co evento ‘Artesanía, Saber e Sabor’ e destacou o interese que están a xerar entre o público e o tecido emprendedor

06/12/2025 | 12:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta poñerá en marcha en 2026 a Casa de Artesanía de Ribadavia como espazo permanente para a comercialización do sector no marco de Vilas Vivas

José González destacou que un dos locais acondicionados na rúa Banda A Lira será dedicado a un centro estable de promoción artesanal, reforzando o papel deste ámbito como motor económico e cultural

05/12/2025 | 18:20 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. do Medio Rural

A Xunta inaugura en Ribadavia o mercado ‘Artesanía, Saber e Sabor’ como punto de partida do proxecto de dinamización comercial Vilas Vivas

José González convidou a gozar da ampla programación prevista para estes días en Ribadavia arredor dos produtos artesáns e alimentarios de calidade e sinalou que este mercado suporá un punto de inflexión na recuperación do tecido comercial da vila