Actualidade
Buscador de novas
Miguel Corgos subliña que a proposta de condonación suporía para Galicia asumir preto de 600 M€ máis de débeda
O conselleiro de Facenda aclara que, aínda que a quita reduciría a débeda galega en 1.477 euros por habitante, habería que asumir a estatal, que ascende a 1.699 euros por habitante
Rueda sinala que Galicia deixa de ingresar 127 M€ cada mes pola inacción do Goberno central na actualización das entregas a conta
Destaca que así o reflicte un informe presentado hoxe ao Consello de Goberno polo conselleiro de Facenda e Administración Pública
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca mais de 1.300 prazas para obter a certificación galega de competencias dixitais
As inscricións desta convocatoria para o nivel de iniciación poden realizarse desde mañá e ata o 28 de febreiro
A xurista Susana de la Sierra destaca a importancia do uso da intelixencia artificial na administración pública mantendo sempre a decisión nas persoas
A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acolleu esta tarde a conferencia A intelixencia artificial e control das Administracións Públicas, impartida pola catedrática de Dereito Administrativo da Universidade de Castela-A Mancha, Susana de la Sierra
A Xunta avanza na mellora da cobertura móbil no rural do concello de Lugo
Javier Arias visitou a torre que hoxe se izou no terreo cedido por un particular en Gondar e lembrou que o Goberno galego se encarga tanto da construción destas instalacións como das acometidas eléctricas
Miguel Corgos destaca a aposta da automoción galega pola innovación para afianzar o liderado do sector co apoio da Xunta
O conselleiro de Facenda e Administración Pública participou na mesa redonda Automoción, impulso e innovación de España desde a Administración, no marco do V Foro da Asociación Española de Fabricantes de Automóviles y Camiones (ANFAC)
Miguel Corgos avoga por un modelo de xestión compartida dos fondos europeos
O Comité de Seguimento do programa FEDER de Galicia 2021‑2027 reuniuse en Santiago de Compostela
Miguel Corgos defende a aplicación de políticas rigorosas, responsables e prudentes para beneficiar aos cidadáns
Na inauguración do II Congreso Xurídico Solidario, o conselleiro de Facenda e Administración Pública puxo en valor a estabilidade política, institucional e financeira galegas como vantaxe competitiva para as empresas e as familias
A Xunta esixe ao Goberno central unha concreción global dos recursos e da proposta de estrutura do modelo do SAF e a actualización das entregas a conta
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, manifesta a necesidade de dar “pasos firmes” cara ao avance na definición dun novo modelo de financiamento, auténtica prioridade da comunidade galega