Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.280 novas da área temática Agricultura e gandería:

18/03/2026 | 15:45 | C. do Medio Rural

Medio Rural apela á responsabilidade da industria láctea e censura as reducións pronunciadas nos prezos ofrecidos aos produtores

A conselleira María José Gómez reuniuse hoxe con representantes das principais industrias con presenza en Galicia para avaliar a situación deste eido produtivo, tendo en conta o actual escenario de renovación dos contratos de compra-venda de leite e o aumento dos custos de produción polo conflito en Oriente Medio

18/03/2026 | 10:12 | C. do Medio Rural

Medio Rural destina 1 M€ ás axudas ao control de rendemento leiteiro para impulsar a mellora da xenética e da calidade do leite nas explotacións

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución correspondente ao 2026 destas achegas, que benefician as Africores da Coruña, Lugo e Pontevedra, asociacións oficialmente recoñecidas para a realización destes labores

17/03/2026 | 16:49 | C. do Medio Rural

A Xunta destinou máis de 300.000 € desde 2020 a apoiar a mellora das infraestruturas rurais e a loita contra os incendios forestais no concello de Muras

A conselleira do Medio Rural reuniuse hoxe en Lugo co alcalde deste municipio para abordar outros asuntos como o impulso á gandaría en extensivo ou o fomento da gandaría cabalar

17/03/2026 | 14:43 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta presenta en Ponteareas os documentos técnicos sobre prevención de riscos laborais asociados aos traballos nas adegas

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou en Ponteareas nunha xornada co alumnado do ciclo de grao superior de Vitivinicultura do CIFP A Granxa sobre prevención dos riscos laborais asociados aos traballos nas adegas

16/03/2026 | 20:42 | C. do Medio Rural

Medio Rural promove os produtos con indicativo de calidade diferenciada en Santiago (é) Tapas

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participou hoxe na entrega de premios deste concurso gastronómico, que fomenta o coñecemento destas elaboracións do agro entre consumidores e profesionais da hostalaría

16/03/2026 | 17:02 | C. do Medio Rural

Medio Rural destaca o papel da gandaría extensiva na xestión do territorio e na prevención dos incendios

A conselleira María José Gómez reuniuse este mediodía con representantes da Asociación de Montes Veciñais con Gando en Extensivo (Movegandex)

16/03/2026 | 15:06 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural

Rueda salienta a cifra récord de 407 M€ de fondos agrarios europeos que a Xunta mobilizou en 2025 para mellorar o rural galego

Sinala que estes fondos son “fundamentais para manter e modernizar o noso agro e mellorar a calidade de vida no rural”, polo que reclama unha nova PAC forte e con dotación suficiente

15/03/2026 | 16:38 | C. do Medio Rural; Axencia de Turismo de Galicia

María José Gómez destaca o crecente potencial do sector olivícola galego na Mostra do Aceite de Quiroga

A conselleira do Medio Rural asistiu hoxe á 26ª edición deste evento na que se promocionaron produtos amparados por selos de calidade diferenciada