Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 757 novas da área temática Xuventude:

14/07/2025 | 15:59 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta pon en marcha unha nova edición do programa “Tech Kids” para impulsar o talento dixital da rapazada

A iniciativa, organizada en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia, está dirixida a rapaces e rapazas de 12 a 18 anos, que recibirán formación de deseño en 3D, programación, pilotaxe de drons, ou realidade virtual

14/07/2025 | 12:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Fundación Galicia Europa aproba a incorporación das deputacións de Ourense e Pontevedra ao seu padroado

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE e director da Fundación, Jesús Gamallo, presidiu a reunión do padroado da entidade que representa a Galicia ante as institucións comunitarias, onde se fixo balance da súa actividade no ano 2024

09/07/2025 | 14:58 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A campaña de verán da Xunta ofrece este ano case 2.500 prazas en actividades para a mocidade na provincia de Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, visitou hoxe a un grupo de rapaces e rapazas participantes na primeira quenda do campamento de multiaventura que se desenvolve nos Chacotes, en Palas de Rei

09/07/2025 | 13:40 | Axencia de Turismo de Galicia

A Ruta Quetzal apoiada por Turismo de Galicia trae a Santiago a mozos que peregrinaron por tres Camiños

O director de Turismo de Galicia destaca que a expedición contribúe nesta edición a enxalzar o espírito xacobeo

09/07/2025 | 13:39 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Un centenar de mozos participan no campo de voluntariado impulsado pola Xunta nas Illas Cíes este verán

A actividade, organizada ao abeiro da temática ambiental e dividida en cinco quendas, inclúe a colaboración en tarefas de mantemento, vixilancia de incendios, mergullo ou en labores de información e sensibilización ás persoas visitantes

07/07/2025 | 12:52 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Preto de 600 mozos participan nos campos de voluntariado da Xunta este verán

A actividade, organizada ao abeiro da Festa da Istoria, inclúe a preparación dos elementos ornamentais, obradoiros de baile, visitas e tarefas de dinamización turística

05/07/2025 | 12:03 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta promove os valores da formación musical entre a mocidade co Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia

José López Campos abre a xornada lembrando a importancia de apoiar o traballo destas agrupacións, que realizan “un labor indispensable na formación dos músicos máis novos”

04/07/2025 | 13:52 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta renova un ano máis a súa colaboración coa Fundación Andrea para o apoio ás familias con nenos hospitalizados con enfermidades graves

Fabiola García pon en valor o traballo desta entidade a través de iniciativas como ‘Soporte Vital’, que ofrece atención de fisioterapia, logopedia ou musicoterapia, así como aloxamento temporal ás familias na contorna do hospital

03/07/2025 | 19:31 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles inaugura os cursos de verán da USC e lembra a importancia da formación especializada para o sector turístico galego

O director de Turismo de Galicia asistiu á inauguración da Universidade de Verán da USC, que inclúe na súa oferta formativa cursos relacionados co turismo