Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.667 novas da área temática Infraestruturas:

26/11/2025 | 16:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A plataforma de contratación da Xunta publica as obras de reparación e mellora do pavillón polideportivo de Elviña II

A intervención de maior calado será a renovación completa da cuberta e a substitución da pista polideportiva, xunto coa dotación dun novo valado para a práctica das modalidades de patín

26/11/2025 | 15:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Medio Rural

Belén do Campo destaca que o Plan Camiña Rural e o plan marco supuxeron un investimento de máis de 158.000 euros na mellora de infraestruturas rurais en Zas

A delegada da Xunta visitou o camiño que se está a executar cunha axuda da Xunta de máis de 80.000 euros da anualidade 25-26,  e lembrou que tamén recibiron, na anualidade 24-25, máis de 78.000  euros, para arranxar outros 3 viais

25/11/2025 | 13:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste máis de 900.000€ na conexión dun viario de concentración parcelaria coas estradas autonómicas PO-531 e PO-301 no concello de Vilanova de Arousa

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe esta licitación e establece un prazo de presentación de ofertas ata o vindeiro 14 de xaneiro

25/11/2025 | 12:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As obras de mellora do CIFP Manuel Antonio, cun investimento de 1,5 M€, xa están executadas ao 75%

Terceira reunión da comisión de seguimento dos traballos, onde se informa do calendario e reafírmase que a intervención cumpre todas as normas de seguridade

24/11/2025 | 13:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste preto de 50.000 euros na construción dunha senda peonil na estrada OU-404, en Castrelo de Miño

O delegado territorial explicou que as actuacións consisten no acondicionamento como senda cuneta do espazo dispoñible na marxe da estrada, entre os puntos quilométricos 31+490 e 31+780, co fin de mellorar a mobilidade peonil entre do núcleo de Barral e a intersección coa estrada OU-402

24/11/2025 | 11:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Concello do Valadouro súmase ao programa da Xunta para mobilizar solos de titularidade municipal para a construción de 44 vivendas protexidas

O departamento que dirixe María M. Allegue pon a disposición do Concello esta nova ferramenta que lle outorga apoio técnico para ofertar, mediante concurso público, a parcela municipal, situada na confluencia da rúa Rosalía de Castro e da avenida da Veiga

22/11/2025 | 12:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta habilitará dúas novas sendas peonís no Concello de Abegondo, cun investimento de preto de 550.000 €

Allegue destaca que a actuación, que se licitará o vindeiro luns, sumará case un quilómetro de itinerario peonil e enmárcase no Plan de Sendas da Xunta e o compromiso da Administración autonómica coa mobilidade segura e sostible

22/11/2025 | 12:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 17,7 M€ as obras de construción do novo Instituto Domingo Villar, en Vigo

Trátase do primeiro instituto de Galicia deseñado seguindo os parámetros académicos, tecnolóxicos e de sostibilidade recollidos no Plan de nova arquitectura pedagóxica e terá capacidade para 700 alumnos

21/11/2025 | 17:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Sae a licitación a obra de mellora do acceso a Setados, nas Neves, na que a Xunta investirá 500.000 euros

O delegado territorial visitou o lugar e destacou o compromiso da Xunta coa seguridade viaria

21/11/2025 | 13:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta subliña o papel do Centro Integrado de FP Compostela no impulso das ensinanzas de hostalaría

A directora xeral de FP participa nos actos do 50 aniversario da X promoción de Cociña, servizos e rexiduría de pisos da antiga Escola de Hostalaría de Lamas de Abade