Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 38.179 novas:

04/08/2026 | 10:07 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde publica a relación de aspirantes seleccionados no concurso-oposición para o ingreso en 6 categorías de persoal estatutario

Ofértanse 152 prazas en categorías de persoal sanitario de formación profesional e 28 prazas nas categorías dos grupos técnico e de xestión da función administrativa

03/08/2026 | 22:12 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do concello lucense de Palas de Rei, parroquia de Cuíña

O lume, que se iniciou onte domingo ás 17,58 horas, afectou finalmente unha superficie de 14 hectáreas, 7 delas de monte arborado e as 7 restantes de raso

03/08/2026 | 20:01 | C. do Mar

Villaverde destaca o labor da miticultura como motor económico das vilas costeiras

A conselleira do Mar reuniuse hoxe con representantes do sector mexilloeiro en Vilaboa e Moaña para coñecer de primeira man as súas demandas

03/08/2026 | 17:58 | C. do Medio Rural

Medio Rural destaca o valor da rede galega de máis de 80 viveiros que producen preto de 10 millóns de plantas forestais de alta calidade xenética

A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal visitou hoxe as instalacións de Viveiros Growin, onde destacou que Galicia conta cunha das redes máis amplas do país, na que se producen arredor de 1,4 millóns de frondosas autóctonas

03/08/2026 | 17:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
03/08/2026 | 16:53 | C. do Medio Rural

Controlado o incendio forestal do concello lucense de Palas de Rei, parroquia de Cuíña

O lume iniciouse ás 17,58 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas

03/08/2026 | 16:38 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta emite declaración de impacto ambiental favorable con condicións sobre o proxecto do parque eólico Rego do Lobo, nos concellos de Muxía, Cee e Dumbría

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe autonómico e na documentación avaliada

03/08/2026 | 16:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo participa no almorzo institucional no buque da Mariña Militar Italiana Etna

O navío permanecerá atracado no porto da Coruña ata o vindeiro 4 de agosto dentro do seu cruceiro de instrución con alumnado da Escola Naval Militar de Livorno

03/08/2026 | 16:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca a excelencia dos tres novos investigadores que se unen a centros galegos grazas ao programa Oportunius

Coa incorporación destes tres científicos, xa son 28 os contratados pola Xunta no marco desta iniciativa

03/08/2026 | 16:00 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Anxo M. Lorenzo celebra a “acertada presenza” no Museo do Mar da mostra homenaxe a José Suárez pola “dignificación da xente do mar” das súas fotografías

O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destaca “a súa ollada vangardista para retratar a vida da xente humilde ás marxes de clixés”