Actualidade
Buscador de novas
A Xunta avanza que esta semana quedará rematada a sinalización das 52 etapas do Camiño do Litoral
Ángeles Vázquez explica que os 79 paneis informativos previstos xa están instalados e nos próximos días completarase a colocación do resto de elementos deseñados co fin de reforzar as indicacións aos usuarios ao longo dos máis de 1.370 km de percorrido
A Xunta pon en valor o oficio da construción artesanal de instrumentos musicais a través da iniciativa ‘Resonancias 26’
A Fundación Artesanía de Galicia colabora co Festival Música no Claustro a través de tres cursos de formación que terán lugar entre mañá e o xoves relacionados co mantemento dos instrumentos musicais e coa creación dun caderno ilustrado que documente o festival
Rueda destaca que a Xunta destina máis de 4 M€ á mellora e ampliación da base contra incendios forestais de Antela
As obras, que se iniciarán este mesmo ano unha vez que remate a tempada de alto risco de lumes, consistirán na construción dunha pista, plataforma e accesos, así como no levantamento dun novo edificio que albergará os pilotos
Rueda destaca o apoio de 2,5 M€ da Xunta á comunidade galega en Venezuela, con partidas específicas para ás persoas afectadas polo terremoto de xuño
O Consello analizou hoxe un informe sobre esta liña de achegas extraordinaria, que publicará este mércores o DOG, e sobre outros apoios da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración aos que teñen acceso as persoas galegas no país caribeño
Rueda anuncia unha guía práctica para axilizar os trámites de avaliación ambiental e dar seguridade xurídica aos proxectos que se instalen en Galicia
Salienta que se trata dun manual “pioneiro en España”, ao abeiro da Lei de recursos naturais, e que busca establecer un marco metodolóxico común na valoración dos impactos sociais, económicos e ambientais de calquera proxecto
A Xunta solicita a convocatoria da Comisión Bilateral co Estado para garantir unha transferencia da AP-9 con plena seguridade xurídica e financeira
Rueda alerta de que a lei para o traspaso aprobada no Congreso incorpora “modificacións substanciais” respecto á acordada por unanimidade no Parlamento
A Xunta destina 145.000 euros ao concello de Sarria para colaborar no mantemento e funcionamento do centro residencial Nosa Señora do Carme
Fabiola García explica que, grazas a este acordo, o Goberno galego apoiará ao municipio no financiamento parcial dos gastos de persoal desta residencia
A Xunta pon en marcha en Cervo o punto de encontro familiar que prestará servizo a toda A Mariña
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explicou que contará con tres profesionais que velarán polo benestar dos menores e facilitarán o cumprimento do réxime de visitas en situacións de conflito
Belén do Campo agradece á Federación de Empresas de Xardinería que celebren en Galicia o seu I Congreso Internacional que reunirá en Santiago a máis de 300 profesionais de 35 países
A delegada da Xunta coñeceu os detalles da cita internacional que se celebrará o 29 de outubro na Cidade da Cultura