Actualidade
Buscador de novas
A Xunta abre un novo marco de formación a demanda das empresas que reforza a súa planificación e inclúe unha oferta de cursos máis ampla e modulable
O Diario Oficial de Galicia publicou esta semana a primeira convocatoria de apoios do programa Galicia Suma Talento: Plan de formación empresas para a posta en marcha de formacións adaptadas ás demandas específicas do tecido produtivo
A Consellería do Mar outorga a concesión para nave de redes e aula de formación na lonxa vella de Ribeira
Marta Villaverde visitou o porto para informar do outorgamento do título administrativo que recolle unha bonificación do 95 % nas taxas por ocupación do solo
A Xunta pon en valor a aposta da Federación Down Galicia pola formación e o acompañamento de cara á inclusión sociolaboral das persoas con discapacidade
José González gabou o seu afán por facilitar o acceso ao emprego das persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, mellorando a súa cualificación e acompañándoas na incorporación e mantemento no mercado laboral
A Xunta prevé aprobar no primeiro trimestre deste 2026 o novo decreto que institucionalizará o Diálogo Social en Galicia adaptándoo ás novas realidades laborais
A nova norma busca dotar o Diálogo Social de maior transversalidade, potenciándoo como ferramenta estratéxica para abordar cuestións de calado como a prevención de riscos laborais e do absentismo inxustificado, a igualdade ou o benestar laboral
A Xunta abre mañá o prazo para solicitar 33 bolsas de formación en bibliotecas
As persoas seleccionadas comezarán a súa experiencia no segundo semestre do ano cunha estadía máxima de 13 meses
Medio Rural mellora as instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agraria Pedro Murias para poder ampliar a oferta formativa
A conselleira María José Gómez realizou unha visita a este CFEA, no que se veñen de acometer actuacións para renovar e actualizar as súas infraestruturas cun investimento de algo máis de 43.000 euros
A Xunta achegou a cultura galega en 2025 a preto de 1.500 persoas a través da formación nas comunidades galegas do exterior
Este ano impartíronse medio cento de obradoiros culturais desenvolvidos en 40 entidades do exterior de máis de 10 países, con formadores desprazados desde Galicia
A Xunta avanzará neste 2026 no redeseño integral da formación para o emprego tanto para as persoas sen traballo como para as ocupadas
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, abordou a redifinición da proposta formativa impulsada pola Xunta con representantes da Confederación Española de Empresas de Formación (Cecap)
A Xunta destinará en 2026 máis de 70 M€ a axudas para estudantes e investigadores das universidades
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP difunde o calendario de datas previstas para a publicación dunha ducia de bolsas e premios