Actualidade
Buscador de novas
Villares e o alcalde do Páramo abordan os investimentos da Xunta no municipio
O delegado territorial de Lugo analizou co alcalde a colaboración en diversos proxectos de impulso do turismo e de mellora das infraestruturas de comunicación locais
O avance na prolongación da autovía Santiago-A Estrada obriga ao corte da estrada AC-241 ao seu paso por Vilar, no concello de Teo, a partir deste luns
O obxectivo é executar os traballos necesarios para rematar o enlace da AC-241, polo que o corte comezará este vindeiro día 15 e, por un prazo de dúas semanas e media
A Xunta somete a información pública o proxecto de trazado da mellora da OU-533 entre Viana do Bolo e A Gudiña, na que se investirán case 15,6M€
Intervirase no treito de máis de 15 quilómetros deste viario, entre os citados concellos, coa renovación da capa de rodaxe en toda a plataforma, a mellora das interseccións e a habilitación de carrís adicionais para facilitar adiantamentos
A Xunta somete a información pública o proxecto da senda peonil da PO-551 en Bueu
O orzamento supera os 875.000 euros e permitirá crear unha alternativa de ocio saudable para peóns e ciclistas
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración “Compostela”, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66
Allegue avanzou que os “tres Gobernos autonómicos solicitarán unha reunión co vicepresidente Executivo de Mercado Interior da CE, Stéphane Séjourné, para trasladar a preocupación ante unha discriminación territorial que é inaceptable”
A Xunta licita hoxe o proxecto da Variante Leste de Viveiro, cun orzamento de máis de 391.000 euros
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explica que as empresas teñen de prazo ata o 16 de xullo para presentar ofertas e a previsión é iniciar a redacción do documento no último trimestre do ano
A Xunta inicia a ampliación do instituto Lamas de Abade e eleva a case 6,5 M€ o investimento en obras en marcha nos centros educativos de Santiago
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, supervisa o comezo dos traballos, que contan cun orzamento de máis de 1,3 M€ e habilitarán case 500 m² novos
A Xunta inicia as obras da senda de 2,3 km ao longo da estrada OU-402 en Reza, no concello de Ourense, nas que inviste 1,5M€
Manuel Pardo explicou que o obxecto principal da actuación consiste na execución dun itinerario peonil continuo de 2,7km pola marxe dereita da estrada, entre o pk 1+060 e o pk 3+290, que permita conectar os tramos illados de beirarrúas existentes e as edificacións dispersas