Actualidade
Buscador de novas
A Xunta desenvolve un proxecto piloto para retirar especies exóticas invasoras no río Miño, en Tui
A previsión da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático é que esta actuación pioneira poida servir de modelo para actuar noutras áreas xeográficas da Comunidade
A Xunta e a USC alíanse para detectar drogas nas augas residuais en cinco depuradoras co fin de estudar patróns de consumo e identificar novas substancias
O proxecto, que conta cun investimento da Xunta de 50.000 euros, permitirá medir a presenza dunhas dez substancias, entre elas a cocaína, o cannabis e o fentanilo
Manuel Pardo subliña os preto de 300.000€ que a Xunta destinou para a mellora do espazo termal de uso lúdico do Bañiño en Punxín
O delegado territorial lembrou que a Xunta ten aberto o prazo ata o próximo 13 de outubro dunha nova orde dirixida a entidades locais para actuacións encamiñadas ao acondicionamento e mellora das instalacións dos espazos termais de uso lúdico cunha partida de 750.000 euros
A Xunta axilizará as tramitacións ambientais dos proxectos necesarios para garantir os servizos de augas das vivendas previstas na cidade de Pontevedra e do parque empresarial do Campiño
Ángeles Vázquez indica que se programarán de xeito inmediato reunións técnicas bilaterais para avanzar no estudo das propostas que garantan que se cubran as futuras necesidades de saneamento e abastecemento da cidade
A Xunta concede 7,6 M€ en axudas destinadas á execución de auditorías e obras para mellorar as redes de saneamento e de abastecemento municipais
A contía máis importante, 4,11 M€, destinarase a reparar fugas e perdas de auga e outros 2,16 M€ cubrirán actuacións para evitar infiltracións nos sistemas municipais
A Xunta amplía a prealerta por escaseza moderada de auga aos sistemas de costa de Pontevedra e do río Verdugo, no que empeora a situación de Baiona
Acórdase activar medidas equivalentes a un escenario de alerta no subsistema de Baiona, desde o cal se abastece a poboación deste municipio pontevedrés e que presentaba indicadores propios de prealerta desde o pasado 7 de agosto
A Xunta destina 2,7 M€ en 2025 a actuacións de conservación fluvial ante o risco de inundacións
Ángeles Vázquez explica que a maioría deste financiamento se destina a actuacións en Áreas de Risco Potencial Significativo de Inundacións (Arpsi) e buscan permitir a libre circulación da auga polo río previndo eventuais asolagamentos
A Xunta e a Universidade de Santiago colaborarán nun proxecto de investigación para a vixilancia do consumo de drogas a través das augas residuais
Empregaranse os datos de cinco depuradoras galegas para medir o consumo de cocaína, cannabis, fentanilo e outras drogas
A Xunta financia con 90.000 € o acondicionamento da presa do río Verdugo, no concello da Lama
Ángeles Vázquez explica que a actuación consistirá na reparación do azude que na actualidade presenta unha rotura na súa parte inferior
A Xunta colaborará co concello de Trasmiras para mellorar o servizo de abastecemento de auga potable
Ángeles Vázquez traslada que persoal de Augas de Galicia estudará a documentación para construír un novo depósito de auga potable