Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 718 novas da área temática Cooperación:

29/01/2026 | 10:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta publica a convocatoria de axudas para proxectos de acción humanitaria no exterior para 2026

Segundo recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia, a convocatoria conta cunha dotación de 700.000 para que as ONGD galegas poidan canalizar as axudas ás súas iniciativas

28/01/2026 | 15:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez celebra a aprobación da Lei do clima que consolida Galicia como referente na loita contra o quecemento global

Indica que esta nova norma contribuirá a que a Comunidade sexa neutra en emisións dez anos antes do que propón a Unión Europea

27/01/2026 | 17:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia reivindica o papel do sector primario no futuro Fondo Europeo de Competitividade

A Xunta defende en Bruxelas unha gobernanza conectada coa realidade territorial para maximizar o impacto do novo instrumento europeo

24/01/2026 | 14:38 | C. do Medio Rural

María José Gómez pon en valor as políticas a prol da remuda xeracional, que se reforzarán neste 2026

A conselleira do Medio Rural participou hoxe na xornada RuralMente co sector primario, organizada polo Concello da Estrada

23/01/2026 | 14:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento informa favorablemente do Plan anual 2026 da cooperación galega

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, presidiu a reunión do organismo, na que tamén se fixo balance do Plan da Cooperación Galega do 2025, que foi executado ao 100%

22/01/2026 | 15:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta anima a descubrir Galicia a través do Camiño do litoral, deseñado para vertebrar de norte a sur a costa máis extensa de España

Dividido en 52 etapas que se estenderán ao longo de 1.300 km, o Goberno galego investirá preto de 2 M€ na execución das obras necesarias para lograr un trazado continuo, accesible e seguro e no deseño e instalación dunha sinalización unificada

21/01/2026 | 13:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo recibe ao novo cónsul honorario de Ucraína en Galicia

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes destaca o compromiso da Xunta coa poboación ucraína a través da Cooperación Galega coa mobilización de máis de 228.200 euros desde 2022 para o transporte de axuda humanitaria, protección e apoio

11/01/2026 | 09:57 | C. do Mar

Cetmar consolida en 2025 o seu papel como axente estratéxico na innovación, a sostibilidade e a gobernanza marítima

Máis de medio cento de proxectos para impulsar a economía azul, a xestión sostible dos recursos mariños e a cooperación internacional