Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 568 novas da área temática Familias:

24/10/2025 | 14:50 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta favorece a conciliación gratuíta das familias de Rábade co financiamento de tres casas niño

O delegado territorial, Javier Arias, explica que o Goberno galego aprobou axudas por valor de 2,8 millóns de euros para garantir o funcionamento dos 29 centros da provincia durante os próximos tres anos

24/10/2025 | 13:46 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social e Igualdade contará en 2026 cun orzamento histórico de 1.391 M€, que permitirá superar as 100.000 persoas dependentes atendidas

A Consellería sitúase como o departamento da Xunta que máis medra, cunha suba do 5%, o que permitirá reforzar as políticas de atención á dependencia, discapacidade, familia, inclusión e loita contra a violencia de xénero

24/10/2025 | 12:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A escola infantil municipal de Ribadumia mellora a eficiencia enerxética co apoio da Xunta

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou as instalacións para comprobar as actuacións realizadas no marco da liña de axudas plurianual cofinanciada con fondos Feder

23/10/2025 | 15:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia un investimento en 2026 de 73,6 M€ en obras en centros educativos, un 4% máis

O conselleiro de Educación destaca no Colexio de Agolada que con este reforzo se avanzará na execución do Plan de nova arquitectura pedagóxica

23/10/2025 | 14:14 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta denuncia que as axudas do Goberno central para persoas con ELA só chegaran ao 5% dos doentes e que os obrigará a someterse a unha nova valoración

O Goberno galego considera que o acceso ao novo grao III+ “será extremadamente complexo”, xa que moitos dos enfermos falecen antes de cumprir os novos requisitos que se esixirán aos que estean en fases máis avanzadas

23/10/2025 | 13:17 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia a mellora do centro de día de Outes, que forma parte da rede pública autonómica

Invístense preto de 20.000 euros nesta actuación, centrada na impermeabilización das fachadas e terrazas do equipamento

23/10/2025 | 12:29 | C. de Facenda e Administración Pública

As medidas tributarias aprobadas polo Goberno galego permitiron aforrar á cidadanía máis de 1.600 M€ desde o 2020

O conselleiro de Facenda e Administración Pública compareceu hoxe na Comisión 3ª do Parlamento para explicar as contas do seu departamento

22/10/2025 | 15:03 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta comprométese a asumir en solitario a suba dos convenios colectivos da discapacidade

Fabiola García lembrou que nos últimos anos se crearon novas prazas públicas para a atención das persoas con discapacidade ata acadar as máis de 5.900